in

A Barraca Camiño a Compostela de Títeres Cachirulo inicia a súa andaina en Melide

CachiruloBarracaCamiño |
Este venres 19 de xullo a barraca fará a súa primeira parada en Melide e o domingo 21, en Pedrafita do Cebreiro. A programación incluirá unha representación de monicreques, un obradoiro de bonecos peregrinos e unha exposición en cada unha das 12 localidades incluidas no seu percorrido.

 

Títeres Cachirulo chegará este venres a Melide coa súa barraca-retablo cargada de personaxes históricos e fantásticos do Camiño de Santiago. A iniciativa, que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia, ofrecerá ás 20:30 a representación do espectáculo Camiño de aventuras na Praza do Convento de Melide. Os rapaces e rapazas tamén poderán achegarse a realizar un obradoiro de monicreques peregrinos que levarán a casa para representar as súas propias aventuras.

O domingo 21 de xullo a parada será en Pedrafita do Cebreiro, ás 13:00 na Praza do Concello. En ámbalas dúas localidades, ademáis da representación e do obradoiro de monicreques, estará a disposición do público unha pequena exposición que amosará diferentes marionetas e bonecos de personaxes vinculados á tradición Xacobea, como Don Gaiferos, a Raíña Lupa, a Raíña Isabel de Castela ou o mesmo Demo Lucifer, entre outros.

Entre os meses de xullo e agosto de 2019, en total serán 12 as localidades participantes neste percorrido: Melide, Pedrafita do Cebreiro, Paradela, Portomarín, Triacastela, Palas de rei, Samos, Monterroso, O Pino, Sarria, Arzúa e Santiago de Compostela.


Publicidade

As actividades completaranse con pequenas gravacións das intervencións (funcións, exposicións, obradoiros, testemuñas do público, etc.) que formarán parte do documental A Barraca polo Camiño, que se exhibirá, xunto cunha exposición que reunirá todos os materiais desta ruta, en Santiago de Compostela, do 1 de Outubro ao 31 de Decembro de 2019.

As próximas paradas están previstas para o 1 de agosto ás 19:00 na Piscina Municipal de Paradela; o 2 de agosto ás 20.00 en Portomarín, o 3 de agosto ás 20:00 en Triacastela e o 4 de agosto ás 20:30 en Palas de Rei, nas respectivas prazas do concello de cada lugar.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GeneracionWhy |

Generación Why

LaStradaMarioGas |

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña dá a coñecer o programa deste outono