En Chantada, comeza hoxe a XXIX Mostra de Teatro Maruxa Villanueva. Até o 22 de agosto, ás 22:00, na Praza do Cantón, representaranse catro obras de teatro afeccionado.
O día 19 a Asociación Prodeme de Monforte trae a Chantada a comedia Un funeral para morrer de risa. O martes 20 a Agrupación Teatral “Pico do Castro” de Foz interpretará Unha novela de policías. O mércores 21 Dartrela Teatro, do Carballiño, presenta Como medrache. E para rematar, o Centro Teatral Faro-Miño de Chantada poñerá en escena Sintrón nin son”.
Este ciclo está organizado polo colectivo Centro Teatral Faro-Miño e o Concello de Chantada. A entrada é libre para todas as representacións.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



