in ,

Comeza en Chantada a XXIX Mostra de Teatro Afeccionado Maruxa Villanueva

|

En Chantada, comeza hoxe a XXIX Mostra de Teatro Maruxa Villanueva. Até o 22 de agosto, ás 22:00, na Praza do Cantón, representaranse catro obras de teatro afeccionado.

O día 19 a Asociación Prodeme de Monforte trae a Chantada a comedia Un funeral para morrer de risa. O martes 20 a Agrupación Teatral “Pico do Castro” de Foz interpretará Unha novela de policías. O mércores 21 Dartrela Teatro, do Carballiño, presenta Como medrache. E para rematar, o Centro Teatral Faro-Miño de Chantada poñerá en escena Sintrón nin son”.

Este ciclo está organizado polo colectivo Centro Teatral Faro-Miño e o Concello de Chantada. A entrada é libre para todas as representacións.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CamiñoEscenaNorte |

Camiño Escena Norte desenvolverá a cooperación teatral con Asturias, Cantabria e Euskadi

BabaluvaLume |

Comeza o XI Festival de Títeres do Carballiño