in

Arrinca o XXX Festival Internacional de Marionetas do Porto

LimiteZero |

Este venres 11 de outubro comeza o Festival Internacional de Marionetas do Porto que celebra tres décadas de actividade continuada na divulgación da marioneta nas súas múltiples tradicións e manifestacións. Ata o 20 de outubro, compañías de Portugal e do resto do mundo danse cita nesta nova edición que conxuga o traballo ao redor marioneta máis tradicional coa creación de novos dispositivos.

O programa desta edición está atravesado por unha serie de problemáticas nas que as grandes cuestións colectivas da humanidade e do planeta acaban por producir un efecto na construción da subxectividade. Ao igual que na anterior edición, o festival conta co apoio do Teatro Municipal do Porto que acolle e co-produce unha gran parte do programa, así como co Teatro Nacional do Porto. Asimesmo, o evento desenvólvense en diferentes espazos da cidade como o Palácio do Bolhão, o Teatro Helena Sá e Costa, o espazo Mira | artes performativas, o Teatro do Campo Alegre, o Teatro do Belomonte ou o Teatro de Ferro.

O Festival dará comezo este venres 11 de outubro ás 19.00 horas coa estrea Happy Birthday 30+30 unha proposta realizada por Paulo Duarte en colaboración coa escola profesional Balleteatro. Ao longo dos dez días de festival, o programa permite descubrir na cidade do Porto o traballo de compañías portuguesas como Jangada Teatro coa presentación do traballo Alecrim vs Manjerona; A Tarumba-Teatro de Marionetas con Curtas de papel, osso e fel; Alma d’Arame que achegará ao festival os traballos Solitária e No tempo De.; Centro Dramático de Évora e Bonecos de Santo Aleixo; Limite Zero con Em busca do planalto perdido; Partículas elementares con Ninho; Paulo Duarte e a súa peza Novo; Teatro de Ferro coa Objetoteca Popular Itinerante e a compañía Teatro de Marionetas do Porto que estreará A paz de Aristófanes.


Publicidade

Dentro da programación internacional, pasarán polo FIMP espectáculos como The Table da compañía británica Blind Summit Theatre; D’un air instable do francés Laurent Bigot; Nomad soul, da canadiana Magali Chouinard; Don’t we deserve grand human projects than give us meaning? da compañía belga Robbert&Frank Frank&Robbert e Solace, da creadora alemá Uta Gebert.

De igual modo, como é habitual o FIMP conta cun espazo reservado para os proxectos en proceso dentro do espazo WIPS e que nesta ocasión conforman Jôclézio Azevedo coa peza Nunca+ e Sancha Castro con Sobre a queda.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PremiBornXurado |

Duascentas vinte e oito obras concorren á 44ª edición do Premi Born de Teatre

Comocenizablanca |

O proxecto Camiño Escena Norte remata esta semana en Compostela con dous espectáculos