in

Sol Picó no TRCDanza 2019

DancingWithFrogsSolPico |
22/06/ 17 Dancing with frogs. Sol Picó. Compañia de danza. Barcelona

O vindeiro venres 25 de outubro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Sol Picó, presentará, ás 20:30, e dentro do ciclo TRCDanza Dancing with frogs, un espectáculo de gran formato centrado na investigación sobre o xénero e que analiza o mundo da masculinidade.

En Dancing with frogs, a coreógrafa Sol Picó cuestiona e analiza o mundo da masculinidade, esa outra metade, o complemento biolóxico do feminino. Que é o masculino sen o feminino? Hai límites entre eles? Como vive, sente, acciona, sofre, se relaciona co mundo, o home do século XXI? É igual que sempre ou algo cambiou? Como debe ser un home? Que hai que facer para ser un?

Rodeada dun marabilloso grupo de intérpretes e artistas colaboradores, Sol Picó constrúe esta peza bailando con sapos, lumbersexuais, neomacarras, metrosexuais e andróxinos, nunha aventura aceda, sucia, vándala e traxicómica ao máis puro estilo da compañía da coreógrafa valenciana.

A súa compañía, con sede en Barcelona dende fai máis de 25 anos, é unha referencia da historia da danza en España con méritos como o Premio Nacional de Danza en 2016 ou o Premio Ciutat de Barcelona en 2014, entre outros.

 


Publicidade

Pase do documental de Susanna Barranco sobre Sol Picó

Dentro do Taller de Público(s), TRCDanza proxecta hoxe no Baixo Cuberta do Rosalía de Castro, mércores 23 de outubro, a partir das 19:00, o documental De rodillas corazón, que Susanna Barranco estreou en 2018 no Warsaw International Film Festival.

A peza –coproducida por Televisió de Catalunya e À punt Mèdia– retrata a figura de Sol Picó no seu perfil de coreógrafa facendo un percorrido pola traxectoria da artista ao mesmo tempo que nola achega no seu día a día detrás do escenario.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DesdeOInvisible |

La Quintana estrea a versión en galego de ‘Desde o invisible’ en Compostela

MamulengoMarceloLafontana |

O IV Festival Titiriberia amplía o seu carácter internacional