A Fundación SGAE ten unha liña editorial, a colección Teatro Autor Exprés, para apoiar a promoción e difusión dos textos teatrais obxecto de estrea. Trátase dunha colección non venal, cunha edición limitada a 250 exemplares, que serán entregados ao autor/es con motivo da estrea e distribuídos entre profesionais, críticos, académicos, etc. Nesta convocatoria seleccionaranse un máximo de 5 obras.
A convocatoria rexerase por estas bases.
Primeira: solicitantes A Fundación SGAE estudará as solicitudes de edición presentadas por autores vivos membros da SGAE.
Segunda: requisitos das obras As obras presentadas a esta convocatoria deben cumprir as seguintes condicións:
- Estar rexistradas na SGAE ou presentadas a rexistro.
- As obras deben ser obxecto do estrea absoluta entre o 1 de septembro de 2019 e o 31 de marzo de 2020.
- Débense acreditar polo menos 10 representacións previstas da obra.
- As obras deben estar escritas nunha das linguas do Estado español -castelán, catalán, éuscaro, galego ou valenciano- ou en calquera outra lingua elixida polo autor/es. A lingua na que estea escrita a obra presentada á convocatoria non ten que coincidir necesariamente coa correspondente á da estrea, aínda que en ningún caso a tradución correrá a cargo da Fundación SGAE. No caso de que o Comité de Avaliación requira dunha tradución da obra ao castelán para a súa avaliación porque ningún dos seus membros domine o idioma en que a obra foi presentada, solicitaráselle ao autor/es do texto a dita tradución.
- Que a edición da obra non estea xa comprometida ou contratada cun editor e, se o estivese, que a citada edición sexa compatible coa edición a realizar pola Fundación SGAE por dispoñer o autor/es da titularidade dos dereitos necesarios para iso.
Terceira: número de obras seleccionadas A través da presente convocatoria, seleccionaranse para a súa publicación na Colección Teatro Autor Exprés un máximo de 5 obras.
Cuarta: Contrato de edición Os autores das obras seleccionadas comprométense a asinar coa Fundación SGAE o correspondente contrato de edición nos termos establecidos polo editor.
Quinta: características da edición
- As obras seleccionadas serán publicadas dentro da Colección Teatro Autor Exprés da Fundación SGAE. Entidad inscrita en el Registro de Fundaciones Culturales B.O.E. 140397 – O.M. 24.2.97 – CIF: G-81624736
- Trátase dunha edición non venal. Os exemplares non poderán ser obxecto de venda nin por parte dos autores correspondentes nin por parte da propia Fundación SGAE.
- Tirada: de cada título imprimiranse 250 exemplares, dos cales 150 enviaranse, con custos cubertos, ao autor/es correspondente/s. Os 100 exemplares restantes serán distribuídos pola Fundación SGAE entre profesionais do sector (produtores, académicos, editoriais, compañías, etc.), ademais de destinar algúns exemplares ás tarefas propias de difusión, promoción e arquivo da Fundación SGAE.
- Por demanda expresa dos autores seleccionados, a tirada podería superar as cifras mencionadas no punto 3 da cláusula terceira, pero os custos desa tirada suplementaria non poderían estar cubertos por esta convocatoria e, polo tanto, deberían estar cubertos polo autor/es que así o solicite/n.
- As obras serán publicadas na lingua na que sexan presentadas na convocatoria, ou, a petición do autor/es, traducidas ao castelán. Para iso debe ser o propio autor/es o /os que facilite/n á Fundación SGAE a tradución oportuna.
- A edición das obras seleccionadas nesta convocatoria para a súa publicación na Colección Teatro Autor Exprés non implica compromiso ningún de exclusividade, e así, as obras seleccionadas son susceptibles de ser publicadas por calquera outra editorial.
- A Fundación SGAE poderá ou non incorporar á súa Colección Teatro Autor as obras seleccionadas. Nese caso, as obras serán obxecto dun novo contrato editorial.
- Xunto coa edición física, a Fundación SGAE preparará en formato dixital unha edición das obras seleccionadas nesta convocatoria, que serán de acceso público a través da páxina web da Fundación SGAE.
- O/s autor/es dunha obra seleccionada acepta/n que na edición venal desta figure, ademais da Fundación SGAE como editora, a colaboración da SGAE.
Sexta: documentación As solicitudes deberán conter a seguinte documentación:
- Formulario de solicitude debidamente cumprimentado.
- Documento de identidade do solicitante.
- Currículo do solicitante.
- A obra completa en formato Word ou similar, sempre que sexa un formato editable.
- Documentación acreditativa da data da estrea absoluta e do compromiso de representacións.
- En caso de existir, contrato ou contratos de edición que xa teña subscritos o solicitante da obra que se presenta a estas axudas con outro editor ou editores.
- Autorización expresa do autor/es para o uso dos seus datos de carácter persoal por parte da Fundación SGAE para o seu uso, para os efectos desta convocatoria segundo modelo que está dispoñible na páxina web. A non presentación deste documento descartará automaticamente ao solicitante que non a acompañe.
En caso de obras en coautoría, a anterior documentación deberá ser presentada por todos os autores da obra.
Sétima: procedemento e resolución de solicitudes
- Un Comité de Avaliación encargarase de estudar e avaliar as solicitudes que cumpran os requisitos indicados nestas bases.
- O Comité decidirá a selección das obras, e a súa resolución seralle comunicada a todos os interesados por escrito. Entidad inscrita en el Registro de Fundaciones Culturales B.O.E. 140397 – O.M. 24.2.97 – CIF: G-81624736
- A resolución do Comité será inapelable.
- No suposto de resolución positiva por parte do Comité a documentación achegada pasará a formar parte inseparable do convenio que se subscribirá entre as partes.
- No suposto de resolución negativa por parte do Comité a documentación achegada será eliminada dos arquivos da Fundación SGAE no prazo de 15 días desde a comunicación dos seleccionados.
Oitava: presentación de solicitudes e prazo
- O formulario de solicitude e a autorización de uso dos datos de carácter persoal estarán dispoñibles na web da Fundación SGAE www.fundacionsgae.org. Deberá usarse o formato electrónico do formulario, e será necesario cubrir todos os campos. A autorización de uso dos datos de carácter persoal cubrirase e asinarase de xeito manuscrito polo autor/es e anexarase escaneada xunto co resto de documentación para presentar. A Fundación SGAE xustificará a recepción de todas as solicitudes. As solicitudes que non acheguen a documentación solicitada nestas bases terán un prazo máximo de 15 días para emendalas desde a notificación correspondente.
- O prazo de presentación das solicitudes para esta convocatoria 2019 iniciarase o luns 14 de octubro e manterase aberto ata as 24.00 do venres 15 de novembro. As solicitudes que fosen recibidas fóra de devandito prazo serán desestimadas.
Novena: formalización da colaboración A Fundación SGAE e o solicitante cuxo proxecto sexa aprobado, subscribirán o correspondente contrato de edición.
Décima: Deber de confidencialidade e protección de datos persoais Todos os datos que as partes proporcionen ao longo do proceso relativo a esta convocatoria teñen carácter confidencial, e non poderán ser revelados a terceiros nin utilizados para fins distintos aos establecidos, salvo as excepcións establecidas pola lexislación vixente.
Os datos que faciliten os autores e/ou os coautores incorporaranse nun ficheiro cuxo responsable é a Fundación SGAE. Para exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición, portabilidade e a non ser obxecto de decisións individuais de forma automatizada ante a FUNDACIÓN SGAE, o autor ou coautores poderán dirixirlle un escrito aos Servizos xurídicos da Fundación SGAE ao domicilio social da entidade na calle Bárbara de Braganza, núm. 7, C.P. 28004, Madrid (España) indicando o seu/s nome/s, apelidos, DNI, domicilio, dereito exercitando e as razóns deste.
Undécima: normas xerais
- A presentación da solicitude por parte do solicitante implica a aceptación tácita deste das condicións e Bases establecidas neste documento e implica a autorización do solicitante para que a Fundación SGAE poida difundir información sobre a publicación das obras seleccionadas nas súas Memorias e demais publicacións.
- O solicitante exime á Fundación SGAE de calquera responsabilidade derivada de calquera transgresión da lexislación vixente en que puidese incorrer o solicitante respecto da autoría da obra e representación desta.
- A Fundación SGAE non adquire, en virtude destas bases, ningunha responsabilidade directa nin subsidiaria respecto da obra seleccionada distinta do exposto nestas bases. Entidad inscrita en el Registro de Fundaciones Culturales B.O.E. 140397 – O.M. 24.2.97 – CIF: G-81624736
- A lexislación aplicable a este documento é a española e as partes sométense expresamente á xurisdición dos Tribunais de Madrid capital, renunciando ao foro que puidese corresponderlles.