in

‘Elisa e Marcela’ de A Panadaría, Premio Las Horas do Festival de Cine LGBT de Extremadura

PanadaríaPublicoRibadavia |
A Panadaría gañou o Premio do Público da Mostra de Ribadavia con 'Elisa e Marcela. Foto: Rosinha Rojo.

Elisa e Marcela, a montaxe da compañía A Panadaría, vén de recibir o Premio Las Horas do Festival Internacional de Cine LGBT de Extremadura. A gala de entrega dos premios será este sábado 16 ás 22:00 no Palacio de Congresos Manuel Rojas de Badajoz. Gena Baamonde, directora do espectáculo, recollerá o premio.

Elisa e Marcela é unha comedia musical que aborda a historia da voda entre dúas mestras que tivo lugar na Coruña en 1901, o primeiro casamento homosexual do que se ten constancia no Estado español.


Publicidade

Coproducido xunto ao Centro Dramático Galego e os concellos da Coruña, Vimianzo e Rianxo, este espectáculo arredor da historia de amor de dúas mulleres a principios do século pasado, xa recibiu un bo número de premios aos que agora se suma este; entre eles, os Premios María Casares a Mellor Espectáculo, Mellor Dirección (Gena Baamonde), Mellor Actriz Protagonista (Areta Bolado) e Mellor Texto Orixinal (Areta Bolado, Ailén Kendelman, Noelia Castro e Gena Baamonde); o Premio do Público da MIT Ribadavia, ou o Premio ao Mellor espectáculo do FETEGA do Carballiño.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Jauría |

O público do FIOT escolle ‘Jauría’, de Kamikaze Producciones, como mellor obra

Lambetadas |

Talía anuncia a estrea de ‘Lambetadas’