Hoxe, xoves 21 de novembro, preséntase no Carballiño o libro As comedias de Tiruleque, que contén catro obras de teatro que no seu momento escribiu Pepe Prada para a compañía Tiruleque: Silicon Valley, Club PK2 (Comedia de Crimes e Sexo), Paga e cala (Pay and shut up) e O5 Co2no5 con cou54 d€ 3.
A presentación terá lugar ás 20:30 horas no Aparthotel Arenteiro, coa lectura dramatizada do fragmento dunha das obras, a cargo de Tiruleque, Grupo de Teatro. Na edición, ademais dos textos teatrais, cada unha das comedias vai precedida dunha pequena historia, curiosidades e anécdotas que se foron tecendo ó redor de cada unha delas. A publicación está patrocinada pola Deputación de Ourense.
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026
- Os XXX Premios María Casares xa teñen finalistas - 05/03/2026



