Logo de tres meses dende a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos, o proxecto de microteatro que xa leva seis anos representando pequenas pezas teatrais en Lugo, voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas.
O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
As pezas que se representarán son:
É un longo camiño a Belesende Escribe e dirixe: Brais García. Interpretan: María Grandío, Elvira Velasco e Isa Herrero.
Cada dúas horas e media Escribe e dirixe: Conchi Madrina. Interpretan: Raquel López Cendán, Anxo Manoel e Brais García.
Cumbre devastación Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Conchi Madrina, Raquel López Cendán e Brian Rodríguez.
El candidapto Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Anxo Manoel, María Grandío e Brian Rodríguez.