in

Presentación de ‘Magín Blanco. O camiño da luz’, de Carlos Negro

MaginBlanco |
O Centro Cultural Avenida, da Rúa, acolle esta tarde a presentación de Magín Blanco. O camiño da luz. Carlos Negro é o autor desta primeira biografía do recoñecido músico, editada por Edicións Embora.

 

O camiño da luz percorre a traxectoria profesional e persoal de Blanco desde os seus primeiros pasos con grupos como La Rosa –que gravou catro elepés entre 1989 e 1994– ata o seu actual éxito no campo da música para público familiar, iniciado con A nena e o grilo.

O libro vai acompañado dun CD recompilatorio e recolle o relato da existencia de Magín Blanco en pequenos refachos e o do seu periplo musical con todo detalle. “Axúdanos o autor a comprender un pouco mellor as condicións nas que Magín crea e converte en marabillas poéticas de gran calado emocional as súas composicións a partir da materia prima que o rodea”, segundo a presentación editorial.


Publicidade

Magín Blanco é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador de A nena e o grilo (OQO 2011), A nena e o grilo nun barquiño (Fol música 2013) e outras composicións que forman parte de edicións como María Fumaça (Ed. Galaxia 2012), Rosalía Pequeniña (Ed. Galaxia 2013), Canta o Cuco, con Uxia Senlle (Ed. Galaxia 2014) e Gatuxo (Ed. Fol música 2015). Despois do éxito acadado co espectáculo A nena e o grilo nun barquiño consolidouse como autor dalgunhas das propostas escénicas para público familiar con maior repercusión nos últimos anos: A nena e o grilo máis aló, A banda das apertas, O camiño dos paxaros

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Dispersas |

‘Memorias dun ser humano disperso’, de Producións Dispersas, no Salón Teatro de Compostela

PastorDiaz100ANOS |

Viveiro celebra o centenario do Teatro Pastor Díaz