in

‘Memorias dun ser humano disperso’, de Producións Dispersas, no Salón Teatro de Compostela

Dispersas |
O Salón Teatro de Santiago retoma a súa actividade pública tras a programación especial de Nadal con Producións Dispersas e o seu espectáculo Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0), do que é autor e intérprete Diego Freire. | Foto: Áureo Gómez |

 

Esta peza cómico-musical poderá verse desde hoxe e até o domingo na sede do Centro Dramático Galego, onde a compañía xa representou onte, nun pase especial para escolares, a montaxe para público infantil e familiar Tódalas marabillas do mundo.

Tamén hoxe terá lugar unha representación matinal concertada con centros de ensino de Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0), á que seguirán tres funcións xerais nos horarios habituais do Salón Teatro: venres e sábado, ás 20:30, e o domingo, ás 18:00.

José Campanari dirixe este monólogo, que a compañía define como “cabaré absurdo, protagonizado por un personaxe fóra de lugar e un pouco esquizofrénico, que desexa escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar lonxe e diferente onde por fin poderá ser feliz”. A busca deste suposto paraíso é o eixo arredor do que xira esta proposta, na que Freire ofrece múltiples facianas como o showman do cabaré, o clown triste, o bufón, o perdedor, o tolo e o soñador.


Publicidade

Trátase dunha nova versión do espectáculo co que Producións Dispersas botou a andar en 2010, baseando o seu traballo en tres piares: humor, pequeno formato e crítica social, desde unha perspectiva contemporánea. En busca da canción perdida, Falándolle ao espello, O bosque dos prodixios ou Tódalas marabillas do mundo son outras das propostas que levou a escena durante estes 10 anos de traxectoria.

As entradas para as tres funcións xerais de Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0) xa están á venda na web entradas.abanca.com e no teléfono 902 434 443. No despacho de billetes do teatro, poderán adquirirse desde dúas horas antes do comezo das representacións. O seu importe é de 10 euros, cos descontos habituais, o venres e o sábado, e de 5 euros (prezo único) o domingo, Día do Espectador no Salón Teatro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Funboa escénica Cristina Balboa

O Teatro Ensalle de Vigo abre tempada con ‘O que segue’ de Funboa Escénica

MaginBlanco |

Presentación de ‘Magín Blanco. O camiño da luz’, de Carlos Negro