in

O Teatro Ensalle de Vigo abre tempada con ‘O que segue’ de Funboa Escénica

Funboa escénica Cristina Balboa
O Teatro Ensalle de Vigo comeza hoxe a súa tempada co espectáculo O que segue, de Funboa Escénica, unha creación de Cristina Balboa dirixida e interpretada por ela mesma. Poderá verse dende o venres 17 até o domingo 19, ás 21:00.

 

O que segue creouse nas residencias Paraíso do Colectivo RPM e do Salón Teatro e presentouse como proceso no ciclo Mulleres en Acción – Violencia Zero en Cambados e Picnic Sessions de CA2M de Madrid. O proceso finalizou de novo no Salón Teatro cunha última residencia e coa estrea os días 18, 19 e 20 de outubro.

Segundo a creadora, O que segue “son eu que o sigo intentando, soñando que conseguirei satisfacer completamente a miña necesidade de comunicación. Non pode existir sen a música nin os xuízos das miñas disertacións sobor da realidade. É un acto de resistencia escénica a través da composición musical, o vídeo, a danza e un relato feroz do cotiá, nas miñas contradicións entre a arte e a vida”.


Publicidade

Á obra de Funboa Escénica seguirana Pentecostés, da compañía Pálido Domingo, que poderá verse do xoves 23 ao domingo 26, e Antes de que llegue la Bestia, de Ensalle Teatro, que estará en cartel do xoves 13 ao domingo 16.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

HipócritaTeatro15Anos |

Hipócrita Teatro celebra o seu 15º aniversario

Dispersas |

‘Memorias dun ser humano disperso’, de Producións Dispersas, no Salón Teatro de Compostela