in ,

Hipócrita Teatro celebra o seu 15º aniversario

HipócritaTeatro15Anos |
O Grupo de Teatro amador Hipócrita Teatro celebrará este sábado 18, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, ás 20:00, unha gala solidaria para conmemorar o seu 15º aniversario.

 

15 anos de moita merda conta coa participación de artistas, actores e cómicos de recoñecido prestixio na cidade de Lugo, coa colaboración da área de Cultura da Deputación. A recadación da gala destinaranse a ASPACE Lugo. Será presentada por Leandro Barea e Luís Alonso e contará coa participación de Carta de Ajuste, o Mago Teto, Matapiollos e El retrete de Dorian Gray.

No acto de presentación da Gala a Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, destacou “o esforzo que supoñen 15 anos traballando en prol do teatro, creando producións propias e orixinais e programando unha ampla variedade de obras no seu Local Hipócrita, que serve para fomentar o amor polo teatro e ampliar a oferta cultural da cidade”.

María José García, de Hipócrita Teatro, lembrou que este aniversario representa o traballo voluntario de toda a xente que pasou pola asociación. Pola súa parte, a Secretaria de ASPACE Lugo, Quimi García, agradeceu tamén as institucións colaboradoras e a Hipócrita Teatro esta axuda que “servirá para seguir programando actividades para os nosos usuarios e mellorar cada día a súa calidade de vida”.


Publicidade

Ademais da gala, a celebración inclúe unha exposición no vestíbulo do Auditorio sobre os 15 anos de historia da Compañía, e entregaranse os VI Hipopremios que recoñecen os espectáculos mellor valorados polo público do Local Hipócrita, durante o 2019, e que serán entregados polos gañadores da pasada edición, Matapiollos e El Retrete de Dorian Gray. As entradas estarán dispoñibles na billeteira unha hora antes do comezo da gala e terán un prezo de 10 euros.

 

Hipócrita Teatro naceu en Lugo, en novembro do ano 2004, formado por un grupo de alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro que organizara o Concello de Lugo. Dende esa data traballa de xeito ininterrompido a prol da dinamización cultural a través das actividades teatrais que abranguen:

  • A creación e representación de espectáculos teatrais para todo tipo de públicos, de pequeno formato (Casting, Miseree, INRI, Onde Chaplin perdeu o seu paraugas, A última pregunta..) ou de gran formato (Menestra de testosterona, Unha historia con pau, Emperador, que pensas? Fala!…).
  • A formación dos seus membros.
  • As accións de divulgación e comunicación das súas actividades a través de diferentes medios.
  • A colaboración con outras entidades de carácter cultural ou social sen ánimo de lucro.
  • A pertenencia á FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado)

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DeputacionCoruña |

A Deputación da Coruña destina dous millóns de euros á súa Rede Cultural

Funboa escénica Cristina Balboa

O Teatro Ensalle de Vigo abre tempada con ‘O que segue’ de Funboa Escénica