in ,

Convocatoria para a XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”

teatro 4649743 960 720 |

O grupo de Teatro Amador Tiruleque organiza a XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”. Como vén sendo habitual neste evento, coa axuda e subvencións solicitadas á Deputación Provincial de Ourense e ó Concello do Carballiño, as representacións celebraranse entre os días 3, 10, 17, 24, 31 de outubro e 7 de novembro de 2020, ás oito e media da tarde, no Auditorio Manuel María do Carballiño.

Cada grupo seleccionado percibirá a cantidade de setecentos euros pola súa actuación, e os socios da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), oitocentos euros.

A organización mantén a concesión do Premio Tiruleque, que se outorgará -a criterio da organización- ao mellor grupo teatral participante. Este premio, que non ten contido económico, consiste na contratación directa do grupo gañador para a futura XIV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2021, sen ter necesidade de pasar pola escolma do Xurado cualificador.

A organización insiste en que non está no seu ánimo aplicar as bases de participación dun xeito totalmente ríxido e inflexible, aínda que si debe manter un certo rigor para que a participación na Mostra poida amosarse en igualdade de condicións para todos. Por iso pide colaboración, para presentar as ofertas dentro do marco que solicita.

 

Bases

PRIMEIRO

Son requisitos imprescindibles

  1. Que as obras estean interpretadas no idioma galego.
  2. Que teñan unha duración de 60 minutos como mínimo, e de 90 minutos como máximo.
  3. Que os grupos participantes sexan afeccionados.

 

SEGUNDO

1. Os grupos interesados en participar na XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2020, deberán remitir ó enderezo de Tiruleque, que máis adiante se amosa:

  • 1.1.- Ficha de Inscrición debidamente cuberta e firmada.
  • 1.2.- Catro fotos (mínimo) da representación da obra en formato JPG (NON en papel, PDF, TIFF ou calquera outro formato).
  • 1.3.- Cartel da obra en formato JPG (insistimos. NON en papel, PDF, TIFF o calquera outro formato).
  • 1.4.- DVD da obra, lapis (pen drive) ou, preferentemente, enlace de internet onde se poida ver.
  • 1.5.- A data límite para enviar as inscricións e documentación será o día 10 de Xuño de 2020.

 

2. Deberá terse en conta que os grupos seleccionados teñen a obriga de mandar 20 carteis en tamaño A3·Plus da obra a representar cando así lles sexa requirido pola organización da Mostra. No caso de non recibirse os amentados carteis, Tiruleque encargaríase da súa confección; pero os gastos da súa impresión correrán por conta do grupo seleccionado; importe que se deduciría do pagamento final.

3.- A carga e descarga do material, montar e desmontar a obra, será responsabilidade de cada grupo participante, aínda que Tiruleque estará sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño para recibir e asistirvos durante toda a xornada, como ven sendo costume e obriga que nos botamos derriba con gusto.

4.- Como é lóxico, a inscrición na XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2020, implica a aceptación destas bases


Publicidade

5.- As ofertas deben dirixirse, ben por correo ordinario ou electrónico, a:

Tiruleque, Grupo de Teatro
Rúa Tomás Mª Mosquera 36 – 1º
Aptdo. 115
32500
O CARBALLIÑO (Ourense)
Tfnos. 988 27 00 90 * 617 35 44 56
[email protected] [email protected]

É evidente que as fotografías e cartel amentado no apartado SEGUNDO, 1.2 – 1.3 deberemos recibilas necesariamente por correo electrónico, ou ben nun CD, lapis (pen drive) ou dispositivo semellante de onde se poidan extraer.

 

TERCEIRO

1.- Tiruleque, Grupo de Teatro resérvase o dereito a gravar as actuacións dos grupos seleccionados; gravación que pasará a formar parte do arquivo da Mostra, se ben enténdese que tal gravación non poderá ser cedida a terceiros sen permiso do grupo participante.

2.- Tiruleque, Grupo de Teatro resérvase o dereito a mudar a hora de comezo das representacións, se tivera tal necesidade por motivos de organización, avisando de tal circunstancia ó grupo ou grupos participantes con tempo de abondo.

3.- Tiruleque, Grupo de Teatro resérvase o dereito a resolver calquera dúbida que puidera xurdir sobre a interpretación destas bases.

 

CUARTO

1.- Aconsellamos aos grupos seleccionados que traian os seus propios filtros de cores.

2.- Avaliaremos positivamente a posibilidade de facer un intercambio para eventos semellantes co noso grupo de teatro, así como a pertenza á Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).

3.- Pídense preferentemente comedias para adultos, non obstante, se algún colectivo tén no seu repertorio un musical, drama, traxedia, revista ou unha obra infantil, que non nos deixe de mandar a súa proposta, xa que de non ser neste espazo, podería atopárselle outro semellante.

4.- Preferimos que a obra sexa orixinal do grupo. Estamos intentando fuxir dos pagos do canon ás sociedades de autores, que en todo caso correrán a cargo do grupo participante, ó que se lle xirará unha minuta de gastos pola factura que nos poidan pasar as sociedade de autores, como xa se fixo nas edicións anteriores a algúns grupos que pasaron polo Carballiño.

5.- A organización porá a disposición dos grupos seleccionados dúas entradas de protocolo por cada actor, actriz e técnico da compañía; que se lles entregarán antes de cada función para a súa distribución discrecional, se nos foses solicitadas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AdraPallónPoetaNovaYork |

Poeta en Nova York

Carvalho Calero

Laiovento reedita a obra de Manuel Castelao sobre o teatro de Carvalho Calero