in

Laiovento reedita a obra de Manuel Castelao sobre o teatro de Carvalho Calero

Carvalho Calero
Elucidacións na sombra aproxímase ao teatro de Carvalho Calero a través de A sombra de Orfeu e Auto do prisioneiro para estudalas como “obras destinadas á representación”.

 

ManuelCastelaoCarvalho |Edicións Laiovento vén de anunciar a segunda edición de Elucidacións na sombra, unha aproximación de Manuel Castelao á obra teatral de Carvalho Calero que, no seu día, resultou galardoada co “Premio de ensaio Ricardo Carvalho Calero” organizado polo Concello de Ferrol. O xurado do premio salientaba daquela que se trataba dun “traballo rigoroso, interpretativo, que leva a cabo un esforzo didáctico na lectura, que o fai atractivo a un público non especializado”.

A obra xurdiu duns talleres nos o autor que utilizaba dous textos dramáticos de Carvalho Calero, A sombra de Orfeu e Auto do prisioneiro para estudalas como “obras destinadas á representación”.

Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de texto para a escena é como ler un guión cinematográfico prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos casos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde a perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho Calero, en coherencia coas súas palabras “Eu endexamais escrevin teatro para ler”.

Iso orienta o esforzo de análise e interpretación d’A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro, pondo de relevo as moitas posibilidades que ofrecen, a súa incardinación na historia da cultura e o non ben recoñecido estro teatral do autor, até o punto de a primeira das obras nunca ter coñecido as luces do palco. Conxúganse nese azar os problemas crónicos do teatro galego co doentío escurecemento de Carvalho na Galiza.


Publicidade

Porén, a proscrición dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho, para se dar orixe, está viva. Por iso, o Día das Letras Galegas non conseguirá reducilo a estatua inerte e confortábel, nin poderá enterralo, para o silenciar de vez, no panteón do consabido e pacificamente ignorado. A súa obra continuará a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común, permanecerá inesquecido, inesquecíbel.”

A sombra de Orfeo, escrita no ano 1948, é unha peza dramática que Carvalho Calero escribiu “despois de ser represaliado e de ser desposuído do seu traballo como docente”. Segundo Castelao, Carvalho “exclúe a representación das circunstancias que o abafan” para “sitúar un mundo normalizado como proposta anticipatoria e, se cadra, utópica, con vocación normalizadora da lingua galega”.

En Auto do prisioneiro, a outra obra de Carvalho Calero estudada no libro, o autor, ao seu ver, “mantén diferentes niveis de interpretación que coexisten de forma harmoniosa e mantendo as incógnitas e o poder de suxestión”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatro 4649743 960 720 |

Convocatoria para a XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”

Xampatito

Catro compañías galegas na FETEN de Xixón