Edicións Laiovento vén de publicar Alborada de Edipo, un ensaio de Xesús Pisón que deita unha mirada sobre a figura creada por Sófocles. Despois de Sófocles terlle dado forma canónica ao tema ou, mellor dito, ao misterio de Edipo, sucédense ao longo da Historia de Europa, e de forma máis ou menos continua, outras […]
Etiqueta: Laiovento
Laiovento publica dúas obras de Raúl Dans
Edicións Laiovento vén de publicar un volume que recolle dúas obras de Raul Dans: Unha corrente salvaxe e Historia dunha descoñecida. Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden. Antes […]
Laiovento reedita a obra de Manuel Castelao sobre o teatro de Carvalho Calero
Elucidacións na sombra aproxímase ao teatro de Carvalho Calero a través de A sombra de Orfeu e Auto do prisioneiro para estudalas como “obras destinadas á representación”. Edicións Laiovento vén de anunciar a segunda edición de Elucidacións na sombra, unha aproximación de Manuel Castelao á obra teatral de Carvalho Calero que, no seu día, resultou galardoada […]
Laiovento publica dúas comedias de Shakespeare
Un novo volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio: Ao voso gusto e Medida por medida. As dúas obras están traducidas por Miguel Pérez Romero. Ao voso gusto (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e pastoril. Varios personaxes, que […]
Presentación de ‘Tres obras teatrais’ de Andrés Pociña
Este venres 26 de outubro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de USC, ás 19:00, preséntase o libro Tres obras teatrais de Andrés Pociña, editado por Laiovento. Intervirán Mª Pilar García Negro, Mª Teresa Amado Rodríguez e o propio autor. Para rematar o acto terá lugar a representación de Antígona ante os xuíces polo […]
Laiovento publica o primeiro teatro de Andrés Pociña
A editorial Laiovento anuncia a publicación en galego, a lingua na que foron orixinalmente escritas, as tres primeira obras teatrais de Andrés Pociñas, todas elas xa publicadas en portugués, italiano e castelán. As tres foron representadas en Portugal, Italia e España pero, ata o de agora, ningunha delas probou fortuna en Galicia. Medea en Camariñas, […]
Libros: novidades
O Tartufo, de Molière. Tradución de Henrique Harguindey, Laiovento. 130 páxs. «O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente a […]