in

Presentación de ‘Tres obras teatrais’ de Andrés Pociña

AndresPociña |

Este venres 26 de outubro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de USC, ás 19:00, preséntase o libro Tres obras teatrais de Andrés Pociña, editado por Laiovento. Intervirán Mª Pilar García Negro, Mª Teresa Amado Rodríguez e o propio autor.

Para rematar o acto terá lugar a representación de Antígona ante os xuíces polo grupo de teatro Sin ir más lejos, da Casa de Castilla La Mancha na Coruña.

O volume contén as obras:

Medea en Camariñas, estreada en 2005, vai camiño das cen representacións, en cinco montaxes distintas. É o monólogo dunha Medea xa anciá que lles explica os feitos da súa existencia ás mulleres de Camariñas que están lavando nun lavadoiro.


Publicidade

Unha tardiña en Mitilene, que iniciou o seu andar escénico co título Atardecer en Mitilene en 2010, leva ao lector / espectador ás conversas da poeta Safo coas discípulas que viven con ela, falando de poesía, música, política, amizade, amor… Ou sexa, sobre a vida.

Antígona ante os xuíces estreouse en 2017, en italiano, no excepcional escenario do Mausoleo de Cicerón en Formia. Trátase dunha visión nova sobre o personaxe mitolóxico enfrontándose a un tribunal e ao pobo de Tebas para defender o seu comportamento.

As tres foron representadas en Portugal, Italia e España pero, ata o de agora, ningunha viu unha posta en escena en Galicia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ChevereWatching |

Chévere inicia unha nova xira de “I’ll be watching you”

enemigodelpuebloRigola |

Intensa recta final do FIOT de Carballo