Actualidade

Intensa recta final do FIOT de Carballo

PUBLICIDADE

A derradeira fin de semana do XXVII FIOT dará cabida a dúas representacións de sala, unha no espazo OTNI e dous espectáculos na sección Metro Cadrado.

 

Carballo afronta a derradeira fin de semana da 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). O venres día 26, ás nove da noite, e dentro do ciclo OTNI, a compañía catalá Íntims Produccions representará Wasted, da dramaturga, poetisa e rapera británica Kate Tempest.

Con Wasted o público vivirá unha experiencia intensa e fascinante que conta o reencontro de tres amigos que, decepcionados polos soños incumplidos, buscan recuperar a mocidade perdida e os lazos que lles unían. A obra propicia a complicidade do público integrándoo no espectáculo. Dirixe a obra o innovador Iván Morales.

 

O sábado, dúas ofertas gratuítas na sección Metro Cadrado

Ao día seguinte, sábado 27 de outubro, o FIOT ofrecerá dúas representacións gratuitas dentro da sección Metro Cadrado, ambas en varios pases: á unha do mediodía, unha e media, sete e sete e media da tarde. A historia dás flores, que será estreada en Carballo pola compañía Tukumpás Teatro, é unha comedia xestual que utiliza a música e a manipulación de obxectos para narrar unha historia que paga a pena compartir. As representacións serán na Floraría Taibo.

En paralelo, a compañía Moito Morro Teatro poñerá en escena o espectáculo A bonequiña, nos soportais da rúa Jacinto Amigo Lera, onde se desenvolverá unha aloucada comedia que mostra un día na vida dun ventrílocuo arruinado.

 

Todos sometidos a El tratamiento!

O sábado 27 de outubro ás oito e media da noite, no Pazo da Cultura de Carballo, o público do FIOT gozará da estrea en Galicia de El tratamiento de Pablo Remón, autor do texto e director desta proposta.

El tratamiento dura unha hora e media e é tan necesario como eficaz, tan intelixente como belo, tan poético como realista e tan divertido como trascendente. É unha sesión intensa de teatro integral que conta a historia dun guionista que persegue o soño de escribir e producir a súa propia película, parodiando unha realidade atroz a través da industria do espectáculo.

El tratamiento é unha sorprendente proposta feita de retales de vida duns personaxes que falan ao público da importancia de aproveitar o momento, á vez que reflexionan sobre o sentido que ten seguir contando historias.

 

Un enemigo del pueblo, a obra máis crítica do FIOT

O domingo día 28 de outubro ás oito da tarde, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá a obra Un enemigo del pueblo, posta en escena pola compañía El Pavón Teatro Kamikaze. Trátase dunha versión libre de Álex Rigola do clásico de Henrik Ibsen.

Rigola, que é un dos directores máis importantes e innovadores da escena española, converterá o patio de butacas do FIOT nun ágora onde o público xulgará aos personaxes e os feitos que van interpretando os actores, emitindo o seu dictame mediante votaciones que obrigan a examinar a democracia, a liberdade de expresión ou a ética fronte ao poder. Será unha experiencia única da que o público do FIOT non sairá indiferente.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!