MIT de Ribadavia

A MIT de Ribadavia celebra o Día Mundial do Teatro coa estrea dun documental

Non vale parar. Unha MIT nos tempos da COVID é o filme das ribadavienses Ainhoa Viñuela e Blanca Selas. Unha peza sensible, enfiada pola coreógrafa Laila Tafur, en residencia artística durante a MIT de 2020. A película recolle unha ollada ampla ás emocións, imaxes imborrables, retos e compromisos colectivos que se deron cita nos espazos a ceo aberto dun dos escasos eventos culturais que deu paso á apertura e protocolos COVID nos lugares da cultura ata o día de hoxe.