in ,

A MIT Ribadavia enfronta a súa última fin de semana

PinkUnicornsLaMacana |
Este 2020, baixo o lema ‘A ceo aberto: liberdade, creatividade e diversidade’, a MIT ofreceulle ao público un total de 24 espectáculos e actividades paralelas como presentacións de libros e obradoiros ao aire libre en máis dunha decena de espazos, como o Auditorio do Castillo, con nomes destacados como Teatro en Vilo ou Nova Galega de Danza e representacións de espectáculos como Fariña, Liberto ou Rebota, rebota y en tu cara explota

 

Os espectáculos Tierras del Sud, Doña Rosita anotada e Sueños y visiones de Rodrigo Rato serán os encargados de clausurar esta fin de semana, no Auditorio do Castelo, a 36ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
Así, incidindo na creación actual, a MIT quixo poñer de relevo a forza da dramaturxia contemporánea, con nomes como os de Pablo Remón (duplamente presente na MIT, coa versión libre Doña Rosita anotada (sábado 25, 23:00), a partir do texto de Lorca, e a peza Sueños y visiones de Rodrigo Rato (domingo 26, 23:00), ambas baixo o selo de Buzman Producciones e Teatro Kamikaze) ou os creadores Azkona&Toloza, unha parella de artistas dedicada á creación de proxectos de artes vivas, formada en 2015 pola coreógrafa navarra Laida Azkona e o videoartista atacameño Txalo Toloza-Fernández, que centran o seu traballo na utilización de linguaxes artísticas contemporáneas como unha ferramenta para a investigación documental. Ademais de levar a cabo os seus propios proxectos en parella ou en solitario, ao longo da súa carreira Azkona&Toloza colaboraron, entre outros, coa perfomer Sonia Gómez, o director de escena Roger Bernat ou a compañía de teatro documental mexicana Lagartijas Tiradas al Sol. O tándem presentará na MIT este venres 24, ás 23:00, a peza visual e documental Tierras del Sud.

No apartado das coproducións, a MIT presentará o sábado 26 de madrugada, á 01:00, o espectáculo Melancoholemia, escrito por Antón Reixa, que compartirá táboas con Pedro Brandariz, baixo a dirección do director vasco Fernando Bernués, de Tanttaka Teatro.

Así mesmo, esta fin de semana, dentro do ciclo Ruadavia, o público poderá gozar na Alameda dos espectáculos de rúa Copyleft, de Nicanor de Elia (venres 24, 20:30); Pink Unicorns, de La Macana (sábado 25, 20:30); e Distans, da compañía Vol’e Temps (domingo 26, 20:30).


Publicidade

Como peche do festival, a xornada do luns 27 de xullo estará dedicada en exclusiva á dramaturxia galega con motivo da 15ª edición do Premio Abrente. Ademais de anunciar os premios desta nova edición (ás 12:00), este día se celebrará un encontro dinamizado pola Asociación DramaturGA, coa que a MIT emprenderá futuras colaboracións para seguir visibilizando e apoiando a innovación da escritura teatral galega actual. Finalmente, darase tamén a coñecer o Premio do Público desta 36ª edición, que se pode votar a través da web oficial do festival www.mitribadavia.gal.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ViravoltaUSC |

A Biblioteca da USC acolle as coleccións de carteis e folletos do proxecto do Museo Galego da Marioneta

CastroNunoCardoso |

O Teatro Nacional São Joao do Porto anticipa a súa temporada 2020-2021