in

Presentación do catálogo: “Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos ’70”

AbrenteCatalogo |
Hoxe, venres 21 de febreiro, as 20.00, preséntase no Museo Etnolóxico de Ribadavia o catálogo da exposición temporal “Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos `70”. O acto contará coa presenza de Sabela Fraga Costa, comisaria e autora dos textos e de Juan Venditti, de 7H Cooperativa Cultural, deseñador do catálogo.

 

No catálogo queda reflectida a importancia do fondo documental desta Agrupación Cultural ribadaviense, conservada pola xente que formou parte dela: documentación administrativa, recortes de xornais, fotografías, folletos, follas voandeiras…, que axudaron a elaborar a liña de vida da programación de Abrente relacionada coa arte galega que se pode ver na exposición e consultar no catálogo, destacar tamén a entrevista que a comisaria da exposición lle realizou a cinco integrantes da Agrupación e que se pode ler no catálogo.

Ao tempo, procederase á inauguración da segunda fase da exposición sobre a colección de arte procedente da doazón da obra desta agrupación cultural, cuxa colección contén 58 obras dun total de 29 autoras e autores. Nesta segunda fase exporanse obras de Bea Rey, Vidal Souto, Reimundo Patiño, Enrique Conde, Prego de Oliver, Virxilio, Xosé Luis de Dios, Alejandro Gómez Cruz, Conde Corbal, Xaime Quesada, Joaquín Ramón Pérez Caamaño.


Publicidade

A Agrupación Cultural Abrente foi unha animadora e axitadora cultural de grande importancia no contexto do final da ditadura franquista e, aínda que é coñecida, sobre todo, pola organización da Mostra de Teatro Galego, tamén operou noutros múltiples campos: dende a literatura ás artes plásticas, dende a defensa do idioma até a música ou o cine.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AlejandraMoreiraDaSilva |

Viana do Castelo recebe un Seminario sobre Teatro Contemporáneo de Alexandra Moreira da Silva

MostraTeatroClasicoLugo2020 |

A Mostra de Teatro Clásico volve a Lugo