Este sábado, 22 de febreiro, ás 15:00, no Café Concerto do Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo, terá lugar o Seminário “Tendências do Teatro Contemporâneo”, dirixido por Alexandra Moreira da Silva.
Promovido polo Projeto Comunidade do Teatro do Noroeste – CDV, este é o primeiro dunha serie de Seminarios Teórico-Prácticos que pretenden estimular a curiosidade e o coñecemento sobre teatro en públicos diversificados promovidos pola compañía vianense.
Doutorada en Teatro pola Universidade Sorbonne Nouvelle – Paris III, a Profesora Doutora Alexandra Moreira da Silva, natural de Viana do Castelo, é Vice-Directora do Instituto de Estudos de Teatro da universidade parisiense, dedicándose tamén á tradución de textos de teatro, sendo dramaturxista regularmente convidada e consultora artística do Teatro do Noroeste – CDV.
O Seminario Tendencias do Teatro Contemporáneo está aberto a todos os públicos, con entrada gratuíta, mediante inscrición.
O mesmo día, o Teatro do Noroeste – CDV presenta unha sesión extra para público xeral do espectáculo Mas alguém me perguntou se eu queria ir ao teatro?!, con dirección de Ricardo Simões, ás 18:30, no Café Concerto TMSM. O prezo dos billetes varia entre os 4 e os 10 euros.