in

Convocados os Premios SGAE de Teatro 2020

Premios SGAE Autores 2020 |
ACTUALIZACIÓN: A SGAE amplía o prazo para participar nos Premios SGAE de Teatro 2020 ata o 20 de maio.

 

Co propósito de impulsar e apoiar a creación de novos textos dramáticos que contribúan ao enriquecemento do panorama teatral e apoiar así aos autores dramáticos da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), a Fundación SGAE convoca o XXVII Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, o XIX Premio SGAE de Teatro Infantil, o XII Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez para textos teatrais LGTBI, e o II Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado para textos escritos por mulleres.

O prazo para a presentación de textos remata o 20 de abril de 2020. O xurado estará composto por profesionais das artes escénicas de recoñecido prestixio. O fallo dos tres premios farase público antes do 31 de decembro de 2020.

A dotación destes premios alcanza os 24.000 euros distribuídos do seguinte xeito: Premio SGAE do Teatro Jardiel Poncela, 8.000 euros; Premio SGAE de Teatro Infantil, 8.000 euros; Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez, 4.000 euros; e Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado, 4.000 euros. Ademais, estes premios recoñecen a inclusión dos textos na Serie SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa posterior publicación, dentro das coleccións que edita a Fundación SGAE.

 


Publicidade

Bases Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela

Bases Premio SGAE de Teatro Infantil

Bases Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez

Bases Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GalaMariaCasares |

Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares

PinkUnicorns 2 |

‘Pink Unicorns’ de La Macana preséntase na TanzPlattaform Deutschland 2020, en Múnic