in

‘Pink Unicorns’ de La Macana preséntase na TanzPlattaform Deutschland 2020, en Múnic

PinkUnicorns 2 |
Pink Unicorns, a última produción de La Macana, poderá verse os vindeiros días 4 e 5 de marzo na Muffathalle de Múnic, dentro do programa de TanzPlattaform Deutschland 2020.

 

TanzPlattaform Deutschland é un dos festivais de danza contemporánea máis relevantes de Alemaña, que se celebra cada dous anos en diferentes cidades e no que se escollen e exhiben producións realizadas nese período de tempo para presentalas ante un público internacional composto por programadores, prensa especializada e público xeral. Este ano, TanzPlattaform Deutschland terá lugar do 4 ao 8 de marzo en Múnic e, para conformar o programa, un xurado especializado (Honne Dohrmann, Gurur Ertem, Ingrida Gerbutavičiūtė, Walter Heun e Anna Mülter) tivo que elixir quince producións de entre 558 candidadatas. O espectáculo de La Macana é un dos escollidos

Pink Unicorns, unha coprodución entre dous teatros alemáns (Theater im Pumpenhaus e Theater Bremen) a a Axencia Galega de Industrias Culturais, contou tamén coa colaboración de Samir Akika como parte de triángulo de dirección que completan Caterina Varela e Alexis Fernández (a parella de creadores detrás de La Macana), coa escenografía do alemán Tilo Schreieck e coa iluminación de Afonso Castro.

Publicidade

A maior peculiaridade de Pink Unicorns é poder disfrutar dun pai e un fillo en escena: o propio Alexis Fernández e o seu fillo adolescente Paulo Fernández. Xuntos, defenden un traballo no escenario plagado de fisicidade e teatralidade no que a conversa interxeneracional e a relación pai-fillo o constrúe todo.

Dende a súa estrea no Theater im Pumpenhaus (Münster, Alemaña), en setembro de 2018, Pink Unicorns vén acumulando unha intensa xira que os levou por distintos teatros do Estado e de Alemaña. Neste mesmo mes de marzo a peza poderá verse, ademais de no festival alemán, no Teatro Principal de Zamora (día 10), no Staatstheater de Mainz (día 19) e no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros (día 21). Nos meses posteriores visitarán o Teatro Principal da Estrada (17 de abril) e o Teatro Arniches de Alicante (30 de maio).

Trailer de Pink Unicorns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Premios SGAE Autores 2020 |

Convocados os Premios SGAE de Teatro 2020

AlineCantiaChicoDoCeu |

Xa á venda as entradas para as galas do Festival Atlántica de narración oral