in

Novas sesións de Microefectos Dramatúrxicos no Clavicémbalo de Lugo

Microefectosmarzo2020 |
Os pases terán lugar este xoves 5 e venres 6 de marzo nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas.

 

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas.

O grupo, que está a piques de cumprir o seu sétimo aniversario, pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

 

PEZAS


Publicidade

AFT – Alternative Free Tour. Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: María Grandío, Conchi Madrina, Elvira Velasco, Brian Rodríguez e Anxo Manoel.

Café con T: unha historia de Soledad. Escribe e dirixe: María Grandío. Interpretan: Brais García, María Grandío, Elvira Velasco e Raquel López.

Polos sen cabeza. Escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan: Anxo Manoel e Isa Herrero.

…E daquela decidiches mudar nun can. Escribe e dirixe: Raquel López. Interpretan: Isa Herrero, Brais García, Brian Rodríguez e Raquel López.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fäustino VI David Rodas |

Fäustino VI o 126 caballos

Cristina Moreira

Cristina Moreira dirixirá a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares