A partir de mañá, José Manuel Rodríguez Uribes manterá conversas telefónicas con máis dunha vintena de representantes do sector cultural e cos conselleiros de Cultura das comunidades autónomas.
O ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes falará a partir de mañá con representantes do sector cultural para lles trasladar as medidas aprobadas polo Goberno en apoio á economía e a sociedade, da que o sector cultural forma parte fundamental.
O obxectivo, segundo o Ministerio, é que os distintos axentes e representantes do sector poidan analizalas e posteriormente poidan elevar as súas inquietudes ao departamento de Cultura.
Por outra banda, o ministro tamén manterá interlocución cos conselleiros de Cultura das comunidades autónomas, a fin de garantir a coordinación e colaboración entre administracións dentro deste ámbito competencial compartido e no marco do estado de alarma decretado o pasado sábado.