in

As artes escénicas e musicais propoñen medidas para a reapertura das actividades culturais

teatro0987637 |
As principais entidades do sector das artes escénicas e a música de todo o Estado –entre as que se encontra Escena Galega– veñen de asinar un manifesto conxunto para solicitarlles ás administracións públicas unha interlocución urxente cos representantes do sector para planificar as medidas necesarias para a reapertura das actividades culturais de concorrencia pública en espazos privados (teatros, salas de concertos e carpas de circo) e a organización de espectáculos públicos cando se supere a actual crise sanitaria provocada polo virus COVID-19.

 

Recoñecendo a necesidade de poñer a saúde da poboación por riba de calquera outra consideración, as entidades piden tamén que non se estigmatice un sector seriamente afectado pola crise e as medidas excepcionais para loitar contra a pandemia e reclama a necesidade de que os poderes públicos tomen tamén medidas para loitar contra a desaparición de postos de traballo no sector cultural.

 

PROPOSTA DE MEDIDAS PARA A REAPERTURA DAS ACTIVIDADES CULTURAIS DE PÚBLICA CONCORRENCIA EN ESPAZOS PRIVADOS (TEATROS, SALAS DE CONCERTOS E CARPAS DE CIRCO) E A ORGANIZACIÓN DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS UNHA VEZ SUPERADA A CRISE SANITARIA

A necesaria aparición do concepto “distanciamento social” como unha das principais solucións na loita contra a expansión da COVID-19, é un dos retos máis importantes au que deberá enfrontarse o sector da cultura tras o control da pandemia, especialmente os referidos á organización de espectáculos, concertos, clubs, obras teatrais, danza, circo, expresións de cultura popular en espazos públicos, etc.

É una preocupación compartida con outros sectores afectados, como a hostelería, os eventos deportivos profesionais ou amadores, ximnasios, manifestacións relixiosas, políticas, sociais e moitas máus, sen contar coa necesidade de utilizar medios de transporte para o desprazamento masivo da poboación.

O cesamento de actividades por orde gobernamental que afectou a celebración de espectáculos nos espazos de pública concorrencia, foi a primeira medida tomada en prevención da expansión do virus, e é máis que probable que estas actividades sexan as últimas que recuperarán a normalidade ao final deste proceso.

Entendemos a excepcionalidade de todas as medidas, a urxencia coas que se levaron a cabo e, evidentemente, que a saúde da poboación debe estar por riba de calquera outra consideración. Porén, cremos que a interlocución cos sectores afectados é absolutamente imprescindible para planificar a volta á “normalidade” e para evitar estigmatizar a todo un sector cultural, que xa está gravemente afectado pola crises. Aos poderes públicos correspóndelles decretar o cese do estado de alarma progresivamente para conseguir unha pronta recuperación da actividade económica, mais tamén están obrigados a minimizar danos, atendendo as particularidades de cada sector, no noso caso, ao sector cultural.


Publicidade

A medida que se impuxo inicialmente que permitiu a apertura dos espazos de pública concorrencia, así como a celebración de espectáculos cunha limitación dun terzo da capacidade do espazo cun máximo de 1.000 asistentes, é absolutamente inviable, xa que case ningunha actividade é sustentable mantendo a estrutura previa ao inicio da crise, e reducindo os seus ingresos a un terzo. A non ser que haxa unha redución drástica dos gastos, entre eles os de persoal, e un incremento dos prezos que compense esa diminución de ingresos, algo que cremos que, como sociedade, non deberiamos estar dispostos a asumir.

Por outra banda, consideramos que as ordes de confinamento, illamento e distanciamento social aplicadas, deben ser consideradas como medidas absolutamente extraordinarias no caso dunha emerxencia sanitaria sen precedentes para a nosa xeración, e limitadas no tempo até a desaparición do risco de propagación. Mais en ningún caso podemos aceptar que estas medidas deban formar parte das nosas rutinas cotiá de aquí en diante.

Desde un punto de vista humano, desexamos volver a recuperar o contacto persoal, a socializar cos nosos semellantes, a interaccionar en directo cos demais e non a través de pantallas, a deixar de lado o illamento e a volver sentir a calor das relacións persoais e a enerxía das manifestacións colectivas, sexan culturais ou de calquera outro tipo.

Creemos que a capacidade e necesidade de socialización é unha condición intrínseca do ser humano, e non debemos nin podemos renunciar a ela permanentemente. Xa que a limitación de movementos e de libre asociación e manifestación, aínda que sexa por causas sanitarias, é contraria ás características fundamentais das persoas e xeraría non poucos trastornos na sociedade, ademais dun retroceso importante nas liberdades individuais que non deberiamos aceptar.

É por todo isto que propomos unha interlocución directa co Gabinete de Crisie do Gobeerno de España para formar parte na toma de decisións sobre as posibles solucións para a reincorporación da nosa actividade, de xeito que se teña en conta a opinión do sector da cultura e todo aquilo que poida achegar, dadas as especiais singularidades da nosa actividade.

En especial cremos que hai algúns puntos importantes a ter en conta:

  1. Non consideramos viable ningún tipo de redución de aforo nas actividades de pública concorrencia de teatros, salas de concertos e carpas de circo, xa que as converte automaticamente en insostibles e estigmatiza a nosa actividade como “contaxiosa”.
  2. En caso de que se apliquen rangos de aforo máximos para xerar unha sensación de volta á actividade de xeito progresivo e algunhas actividades poidan acollerse a esta medida, até que non se poida recuperar a actividade ao 100% do seu rendemento, a situación deberá seguir sendo considerada como causa de Forza Maior, de xeito que as medidas de axuda tanto laborais, sociais, e fiscais deben seguir vixentes.
  3. Ofrecémonos para estudar posibles protocolos (medidas sanitarias e de hixiene) a aplicar de forma temporal que garantan a seguridade de traballadores e público, contando sempre co consenso das autoridades sanitarias e coa axuda da administración.
  4. Que as medidas de reincorporación das distintas actividades á normalidade sigan uns parámetros de coherencia e se apliquen en todos os ámbitos nos que haxa grandes concentracións de público (como os distintos medios de transportes, centros comerciais, grandes superficies, etc.) e non de xeito exclusivo na exhibición de actividades culturais.
  5. Lanzar unha gran campaña de comunicación con elementos de incentivo ao consumo cultural, que xere confianza no público, que desactive o medo e que permita recuperar a actividade económica deste sector tan importante para a sociedade.
  6. Activar un “plan de choque” dotado con fondos suficientes para o sector empresarial da cultura, autónomos e artistas, até que se recupere o nivel de actividade anterior á crise.

Esta pandemia vai deixar nunha situación preocupante a todo o Estado. A recuperación será ardua e longa. Especialmente, este sector vai ter que enfrontarse, por unha banda, coa situación de precariedade e infra inversión endémica que o caracteriza e, por outra, con certa estigmatización, medo e rexeitamento por unha parte da poboación a volver a reunirse, relacionarse e gozar colectivamente das manifestacións culturais. Agradeceremos, daquela, que se poña especial interese por parte da administración en buscar os espazos participativos e de consenso necesarios co sector para considerar e reactivar a cultura como o ben de primeira necesidade que é.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatro9346 |

O INAEM amplía o Programa PLATEA até marzo de 2021

Davide González

No confín de… Davide González