Actualidade

PUBLICIDADE

Coa fin de recuperar e reactivar a actividade escénica en canto as autoridades sanitarias o permitan, o INAEM ampliará até marzo de 2021 o Programa PLATEA, para o que destinará 5.250.000 de euros.

 

O Ministerio de Cultura e Deporte, a través do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) e en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), decidiu ampliar o programa PLATEA 2020, destinado a fomentar a circulación estatal de espectáculos, coa incorporación dunha serie de medidas extraordinarias de flexibilización que buscan recuperar, reactivar e incrementar a contratación e a actividade escénica nos teatros públicos de entidades locais, en canto as autoridades sanitarias o permitan, así como garantir a sustentabilidade das compañías de teatro, música, danza e circo.

 

A adaptación do programa PLATEA 2020 á situación de excepcionalidade

A reformulación do programa PLATEA para esta edición persegue paliar os efectos da paralización do programa como consecuencia da declaración do estado de alarma e o peche dos recintos escénicos. A posta en marcha de PLATEA 2020 pderase facer efectiva unha vez que as autoridades sanitarias permitan a reapertura dos espazos escénicos. Deste xeito, os 5.250.000 euros previstos polo INAEM para financiar en 2020 os contratos de xira de compañías de teatro, danza, espectáculos para a infancia e a mocidade e de rúa e algunhas compañías privadas de lírica, dedicaranse na súa totalidade a reprogramar as cancelacións e substituír con outros títulos os que no sexan susceptibles de reprogramación, especialmente na época do Nadal e durante o primeiro trimestre de 2021, datas nas que, até o de agora, non estaba vixente este programa.

A prórroga de PLATEA 2020 e a ampliación do calendario de actuacións é, xa que logo, a primeira das medidas extraordinarias adoptadas para adaptarse ás circunstancias actuais. O programa, que estaba previsto inicialmente até o 29 de novembro de 2020 –22 de novembro no caso das funcións que se celebrasen nas Illas Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla–, prolongarase até o 14 de marzo de 2021.

Tamén de forma extraordinaria, permitirase programar representacións pertencentes ao catálogo de Platea 2020 nos festivais sectoriais organizados polas entidades locais acollidas ao programa.

Por último, e coa fin de que ningunha das entidades locais presentes nesta edición poida verse penalizada na súa renovación para formar parte do programa de 2021, a edición PLATEA 2020 non se considerará aos efectos de avaliación xeral do programa nos recintos participantes.

Ademais destas medidas, estase traballando noutras iniciativas que buscan garantir a sustentabilidade das compañías de teatro, danza, música e circo e a estabilidade de estruturas culturais. Entre elas, o reforzo das axudas anuais do INAEM cunha convocatoria extraordinaria e a activación do Centro Nacional de Difusión de la Danza.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos