A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, que se rexerá por estas bases:
- Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle.
- Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre.
- As obras presentadas terán un máximo de 10 folios, en tipo de letra Times New Roman, e cun tamaño de letra de 12; ou ben mecanografados a dobre espazo.
- Establécense un 1º Premio e dous 2º premios, os cales serán publicados nos Cadernos de Teatro Alexandre Bóveda. Asemade o 1º Premio será estreado, en formato de lectura dramatizada, por ACAB Teatro, o grupo teatral da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
- O prazo de admisión de orixinais rematará o 10 de xullo do 2020.
- Os participantes e as participantes no II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle comprométense a aceptar o regulamento das presentes bases.
- Os orixinais non serán devoltos aos autores e autoras.
- Os orixinais serán enviados ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Rúa dos Olmos,16-18, 1º – 15003 – A Coruña. Figurando dentro do sobre dúas copias, outro sobre no que constará no seu exterior o lema co que se presenta o traballo, e no seu interior, os datos do participante: Nome, enderezo, título da obra e teléfono de contacto.
- O xurado estará formado por profesionais do sector de recoñecido prestixio.
A primeira edición do premio tivo como gañador a José Luís Baños de Cos, coa súa obra Fashion Victims. O xurado concedeu, ademais, dous accesits: o primeiro foi para a peza Albatros en terra da autoría de Albert G. Aneiros; o segundo foi para No ventre da balea, de Fernando Castro Paredes.