in

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle

cortinateatro |

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, que se rexerá por estas bases:

  1. Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle.
  2. Os orixinais estarán escritos en galego e a temática será libre.
  3. As obras presentadas terán un máximo de 10 folios, en tipo de letra Times New Roman, e cun tamaño de letra de 12; ou ben mecanografados a dobre espazo.
  4. Establécense un 1º Premio e dous 2º premios, os cales serán publicados nos Cadernos de Teatro Alexandre Bóveda. Asemade o 1º Premio será estreado, en formato de lectura dramatizada, por ACAB Teatro, o grupo teatral da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
  5. O prazo de admisión de orixinais rematará o 10 de xullo do 2020.
  6. Os participantes e as participantes no II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle comprométense a aceptar o regulamento das presentes bases.
  7. Os orixinais non serán devoltos aos autores e autoras.
  8. Os orixinais serán enviados ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Rúa dos Olmos,16-18, 1º – 15003 – A Coruña. Figurando dentro do sobre dúas copias, outro sobre no que constará no seu exterior o lema co que se presenta o traballo, e no seu interior, os datos do participante: Nome, enderezo, título da obra e teléfono de contacto.
  9. O xurado estará formado por profesionais do sector de recoñecido prestixio.

 


Publicidade

A primeira edición do premio tivo como gañador a José Luís Baños de Cos, coa súa obra Fashion Victims. O xurado concedeu, ademais, dous accesits: o primeiro foi para a peza Albatros en terra da autoría de Albert G. Aneiros; o segundo foi para No ventre da balea, de Fernando Castro Paredes.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Afonso Becerra de Becerreá

No confín de… Afonso Becerra

OurensePonte |

Profesionais da cultura de Ourense acusan ao alcalde de “obstinada persecución da cultura e a arte”