Performer, editor e dramaturgo. Julio Fernández dirixe Ediciones Invasoras, selo que ten publicado a autoras coma Ana Vallés, Carlos Sarrió, Santiago Cortegoso, Carmen Abizanda ou Pedro Fresneda. Xunto á actriz Eva Alfonso forma a compañía Anómico Teatro. Ensayo sobre la lejanía, Optimismo Florence ou Paisajes en extinción son algunhas das súas creacións. En marzo íase estrear PYKA, a súa dramaturxia para o novo espectáculo de Cinema Sticado.
O libro que tes sobre a mesa de noite.
A Briefer History of Time (Brevísima historia do tempo) de Stephen Hawking.
A túa banda sonora destes días.
Os paxaros nas hortas do barrio de Coia, en Vigo.
O último filme que te impresionou.
The Barefoot Contessa de Joseph L. Mankiewicz, onte pola noite en TV2.
A obra de arte na que te perderías agora.
No Campo de relampos de Walter de Maria. En Quemado, Novo México (EEUU).
A peza que che gustaría dar forma.
Invasión, a partir do guión cinematográfico de Jorge Luis Borges e Adolfo Bioy Casares. O filme foi estreado en 1969 con dirección de Hugo Santiago Muchnik.
Unha figura histórica coa que compartir unha caña.
Xesús de Nazaret, para comprobar a súa existencia. No caso de non poder ser, Rosa Luxemburgo, para falar cun viño de máis sobre A acumulación do capital.
Se non foses dramaturgo, serías…
Astrónomo.