in

Culturactiva presenta unha programación especial por streaming para o Día das Letras

PuñoPuñeteBaobab |
Tralo éxito do primeiro espectáculo por streaming realizado por Culturactiva co Mago Teto, este domingo 17 de maio a Cooperativa organiza unha programación especial dende as canles de YouTube dos concellos de Soutomaior, Vilalba e Vilariño de Conso.

 

Cumprindo coas medidas de seguridade, acompañad@s de 5 cámaras e con realización en directo, Culturactiva ofrecerá os espectáculos As nosas Letras, do Mago Teto e Puño, puñete de Baobab Teatro dende as salas baleiras para un público que fica na casa.

Unha programación especial pensada para que toda a familia poida gozar do teatro a través das pantallas case como se asistise en directo, mantendo así vivas a cultura e a lingua nestes tempos de confinamento.

Publicidade

Culturactiva busca novos xeitos de programar, por iso o pasado 2 de maio iniciou unha programación por streaming con éxito: máis de 200 persoas conectáronse para ver ao Mago Teto dende o Auditorio Municipal de Vilalba.

 

Programación

As Nosas Letras (Mago Teto) : 17:00h na canle de Vilariño de Conso (ademais haberá unha repetición ás 22:00h)
Puño Puñete (Baobab Teatro): 19:30h na canle de Vilalba
As Nosas Letras (Mago Teto) : 19:30h na canle de de Soutomaior

 

Os espectáculos

Maxia e letras únense en As Nosas Letras, onde a literatura galega é a protagonista, sen esquecer as ilusións máxicas e o humor. O Mago Teto descubrirá unha espada enmeigada de Merlín e Familia, fará adiviñación semántica con obras de Risco ou Rosalía e ata o espírito de Castelao aparecerá en escena! Un percorrido pola Historia da nosa lingua a través do ilusionismo para espertar a curiosidade dos nenos, nenas e toda a familia e render unha homenaxe á cultura e á tradición galegas.

Puño, puñete é un espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral. O punto de partida é un diálogo rimado que moita xente coñecerá: “Puño, Puñete, que tes por dentro? / Pan e fermento! / Puño, Puñete, que tes por fóra? / Pan e cebola!”. Comezando dese xeito, Baobab Teatro convida aos cativos e cativas coas súas familias a descubrir un mundo de sensacións e emocións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Julio Fernández

No confín de… Julio Fernández

Larraitz Urruzola

No confín de… Larraitz Urruzola