Do 26 ao 28 de xuño terá lugar o I Festival Virtual do Libro de Galicia. O evento, organizado pola escritora Anna R. Figueiredo, o espazo web Fervenzas Literarias e a empresa Datalib, nace para servir de encontro e escaparate da literatura con presenza de todos os xéneros, desde o teatro á banda deseñada pasando pola tradución, a novela, o ensaio ou a poesía. Nos próximos días, o FLIV anunciará a súa programación completa na que estarán presentes as principais figuras literarias do país e na que tamén participarán os axentes arredor do libro, as bibliotecas e os colectivos que se moven en Galicia arredor da literatura.
O Festival pretende aproveitar todas as vantaxes da telemática para poñer en comunicación as autoras e autores co público lector, para conectar no medio medio dunha circunstancia de illamento a toda a comunidade cultural do libro. No soportal do FLIV desenvolveranse distintas actividades relacionadas co libro: presentacións, debates, clubs de lectura e tamén encontros entre autores coa vantaxe, segundo explica a a organización, de que “estes contidos permanecerán no web e seguirán sendo accesibles unha vez pasadas as datas do festival”.
Ademais do seu carácter virtual, unha das liñas mestras do FLIV é abranguer todos os contidos literarios posibles, sen deixar fóra ningún xénero e atendendo ás circunstancias propias do ano 2020. Deste xeito na programación do festival virtual estarán moi presentes tanto Ricardo Carvalho Calero como Concepción Arenal e fará un repaso por todos os xéneros literarios: novela, ensaio, poesía, teatro e literatura infantil e xuvenil, sen descontar o cómic ou a presenza doutras literaturas na literatura galega por medio da tradución.
O Festival pretende aproveitar todas as vantaxes da telemática para poñer en comunicación ás autoras e autores co público lector e para conectar no medio dun tempo de illamento a toda a comunidade cultural do libro. Así, no soportal do FLIV desenvolveranse distintas actividades relacionadas co libro: presentacións, debates, clubs de lectura e tamén encontros entre autores coa vantaxe, segundo explica a a organización, de que “estes contidos permanecerán no web e seguirán sendo accesibles unha vez pasadas as datas do festival”. O público terá oportunidade de participar nestas actividades a través do mesmo portal da FLIV que xa é posible visitar en www.fliv.gal.
O Festival Virtual do Libro de Galicia ofrecerá dentro do seu portal espazos distintos en función dos seus contidos para converterse nun escaparate da literatura en Galicia, aproveitando a súa riqueza e versatilidade e ofrecendo unha plataforma de difusión que, ao mesmo tempo, sexa inmediata e perdurable no tempo.