in

Volve o teatro con ‘Carabela’, de Galeatro

Carabela | Galeatro
Finalmente, volve o teatro. Será a compañía Galeatro, de Carballo, a primeira que tocará un escenario despois da declaración do estado de alarma pola Covid-19, coa representación de Carabela, un espectáculo para público familiar que se representará en Muros este venres 5 de xuño, para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente.

 

As entradas nesta ocasión serán de balde e con reserva previa obrigada, que se pode facer directamente nas oficinas do Centro Cultural, no teléfono: 981 762 294, ou no correo-e: [email protected]. O número de espectadores non pode superar ás 50 persoas e adxudicaranse por orde de reserva.

Existen unha normas especiais por atoparnos na Fase 2 de desescalada da pandemia provocada polo Covid-19, que achegamos ao final desta nova.

 

Carabela


Publicidade

Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.

A compañía Galeatro nace en Carballo en 2013 e cun obxectivo moi claro: difundir o teatro dun xeito didáctico e divertido. Ao fronte dela, Tone Martínez e Alba Bermúdez, licenciados en Arte Dramático.

Davide González dirixe este espectáculo, escrito por Paula Carballeira, interpretado por Alba Bermúdez, Tone Martínez e Davide González e recomendado especialmente para público familiar e a partir dos tres años.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

aelg novo logo11 |

A Asociación de Escritores rexeita participar no Plan de Reactivación da Xunta

María Torres

No confín de… María Torres