in

Galeatro estrea ‘Carabela’ en Carballo

CarabelaGaleteatro01 |
Este domingo, 19 de xaneiro, ás 18:00, Galeatro Compañía de Teatro estrea Carabela no Pazo da Cultura Carballo.

 

A montaxe está protagonizada por Alba Bermúdez, Tone Martinez e Davide González, quen dirixe esta peza de teatro familiar baseada nun texto de Paula Carballeira.

Con Carabela, Galeatro pretende dar a coñecer á cativada un grande problema ambiental e visibilizar o uso masivo de plástico na nosa sociedade e como isto afecta ó medio natural, especialmente aos nosos mares.

Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.

 


Publicidade

A compañía

Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos actores Tone Martínez e Alba Bermúdez, ten percorrido gran parte dos centros educativos de Galicia cos seus espectáculos didácticos De Leria con Castelao , O Contador de Contos, Contos no Faiado e O Xogo das Letras.

No 2017, coproduce xunto co FIOT, o seu primeiro espectáculo de gran formato, Muiñada. Á súa vertente artística hai que lle engadir a súa labor de formación teatral, que no último ano chegou a máis de 200 alumnas e alumnos.

Galeatro nace coa intención de achegar as artes escénicas a un público familiar, contando, para isto, con dramaturgas galegas vivas. Así, o seu primeiro espectáculo de gran formato, Muiñada , foi escrito por Ana Carreira e o que agora presenta, Carabela, por Paula Carballeira.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Montacargas02 |

O programa “A escena!” de Compostela programa 27 espectáculos este semestre

CCG

O Consello da Cultura analiza ‘O estado da danza en Galicia’.