in

Cándido Pazó e Quico Cadaval estrean o formato dos Autocontos en Ribeira

Autocontos |
[ACTUALIZACIÓN, 25-06-2020: Por mor da previsión meteorolóxica as funcións adíanse aos día 3 (Quico Cadaval) e 4 (Cándido Pazó) de xullo]
Os ‘Autocontos’ usarán as técnicas dos autocines para o espectáculo de monólogos de Cadaval e Pazó, mantendo en todo momento as distancias de seguridade entre o público asistente.

 

Este venres 26 de xuño, Producións Teatrais Excéntricas retorna ao teatro aínda que para iniciar esta “nova normalidade” vai facelo dunha maneira totalmente orixinal. Quico Cadaval e Cándido Pazó actuarán en Ribeira os próximos días 26 e 27 nun novidoso formato que manterá en todo momento as distancias de seguridade entre o público asistente: o autocontos.

O «autocontos» é unha experiencia pioneira en Galicia que se levará a cabo por primeira vez na Praza de España de Ribeira. O son dos espectáculos chegará aos espectadores a través dun dial da FM, a mesma tecnoloxía que se emprega nos autocines; deste modo os espectadores poderán gardar en todo momento as distancias de seguridade esixidas pola normativa actual de espectáculos.

O narrador será seguido por dúas cámaras robotizadas que emitirán en directo nunha gran pantalla situada enriba do escenario para que os espectadores non perdan detalle dos seu xestos. Haberá bonos para os dous días ou entradas individuais por día para coche ou para cadeira.


Publicidade

Están á venda seis tipos de entradas: BONO COCHE a un prezo de 25 euros polos dous días, BONO CADEIRA a un prezo de 14 euros polos dous días, e entradas individuais para cada día: ENTRADA COCHE para ver a Quico Cadaval a un prezo de 14 euros, ENTRADA COCHE para ver a Cándido Pazó a un prezo de 14 euros e pases para estar ao aire libre ENTRADA CADEIRA para ver a Quico Cadaval a un prezo de 8 euros e ENTRADA CADEIRA para ver a Cándido Pazó a un prezo de 8 euros.

As entradas están dispoñibles aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Marta Pazos

Marta Pazos recibe o Premio de Honra da MIT Ribadavia

CornicaVerdeveras |

O CDG retoma a actividade pública coa estrea de ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’