in

A XLV edición do Premi Born de Teatre recibe 571 obras

PremiBorn |
Nesta edición presentáronse un total de 571 obras, máis do duplo que na edición anterior, e moi lonxe da edición de 2017 que, con 260 obras, era a que contaba máis obras presentadas até o de agora. Este aumento pode ser debido á posibilidade de presentar este ano as obras por correo electrónico a causa da Covid 19 que impediu a moitos participantes o envío en papel de correo internacional.

 

A procedencia das obras é moi diversa, aínda que houbo un cambio de tendencia respecto aos anos anteriores. O número de obras de ámbito estatal representa o 80% e as de ámbito internacional, un 20 %. Neste caso cabe destacar que a participación internacional aumentou 11 puntos en comparación ao ano anterior. Xa que logo, esta edición tamén é a querecibiu unha porcentaxe máis elevada de obras procedentes de fóra do estado español.

Cataluña e Madrid continúan a ser as comunidades autónomas con máis textos dramáticos presentados. Da comunidade de Cataluña chegaron 165 obras e de Madrid, 117. Tamén aquí se deu un cambio respecto ás edicións anteriores, xa que, até o momento, Madrid adoitaba ser a comunidade con máis obras presentadas. A continuación, segue a Comunidade Valenciana con 46 obras (8’05%); Andalucía, con 38 (6’65%) e as illas Baleares, con 20 obras presentadas (3’5%). Canto aos textos procedentes de Baleares, a participación aumentou en 15 obras respecto ao ano anterior. Do conxunto de obras procedentes das illas, 18 chegan de Mallorca e 2 de Menorca. Non hai ningunha obra procedente de Ibiza ou Formentera.

Do resto do Estado, cabe destacar comunidades como Galicia, con 17 obras presentadas, Castela- León con 10 obras e o País Vasco con sete.

No que se refire ao idioma, mantense a porcentaxe de obras presentadas en castelán respecto ao ano pasado, cun lixeiro descenso: un 73’73% dos textos dramáticos están escritos en castelán fronte a un 26’27% de orixinais en lingua catalá.

Este ano, a causa do gran número de obras recibidas, contouse coa axuda de cinco preseleccionadores:

  • Rafael Durán, licenciado en Dirección escénica polo Institut del Teatre de Barcelona, profesor do Conservatorio de Música do Liceu e do grao de artes escénicas da escola universitaria ERAM de Xirona.
  • Iban Beltran, licenciado en Filoloxía Catalá, en Teoría da Literatura e en Dirección escénica e dramaturxia no Institut del Teatre de Barcelona.
  • Rosa Molero, dramaturga e licenciada en Filoloxía Hispánica.
  • Francisco Sáez Raposo, doutor en Filoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e profesor desa mesma universidade. É especialista no teatro do Século de Ouro, o teatro breve e a semiótica teatral.
  • Sergi Marí, produtor, director escénico e presidente da compañía teatral La Trup.

O seu labor consistiu en elaborar unha ficha valorando a calidade lingüística, temática e dramatúrxica de cada unha das obras presentadas, facilitando así o traballo do xurado.

O xurado está formado nesta edición polos seguintes membros:


Publicidade

  • Denise Duncan, actriz, produtora, dramaturga e directora de escena.
  • Laurent Gallardo, profesor de estudos hispánicos e cataláns na Universidade Grenoble Alps,
  • Juan Vicente Martínez, profesor de filoloxía inglesa na Universidade de Valencia e director de “Sagunt a Escena”.
  • Josep Solervicens, profesor especialista no Renacemento e o Barroco na Universidade de Barcelona.
  • Laura Pons, actriz de teatro, cine e televisión.

Durante os meses de setembro e outubro terán lugar as reunións do xurado na sala Beckett de Barcelona. A obra gañadora darase a coñecer durante o acto de entrega do premio o día 24 de outubro en Ciutadella de Menorca.

A dotación do premio é de 14.000 €, máis a edición da obra gañadora nas catro linguas oficiais do Estado Español (castelán, catalán, galego e euskera): na colección “Textos apart”, da Editorial Arola, en catalán; en galego na erregueté | Revista Galega de Teatro e en euskera e castelán na revista Artez.

 

Residencias

Este ano tamén se organizaron as VI Residencias de Creación Premi Born. A participación nesta convocatoria foi moi elevada, duplicando a do ano anterior: presentáronse un total de 34 proxectos procedentes de diferentes lugares do estado español e do estranxeiro, dos cales se descartaron sete por non se axustar ás bases. As temáticas son variadas e debe destacarse a calidade e traxectoria profesional dalgúns dos grupos e proxectos presentados. A Junta del Cercle Artístic decidiu, despois de valorar a temática das diversas obras e a adecuación dos diferentes proxectos, outorgar a VI Residencia de Creación teatral Premi Born á compañía La Salamandra coa obra El Nino.

El Nino é unha obra da nova dramaturga italiana Irene Petra Zani e foi traducida polo recoñecido crítico teatral, dramaturgo, tradutor e profesor Joan Casas, quen, ao se decatar da calidade da obra, presentou o texto á directora da compañía, Loredana Volpe, e á actriz menorquina Enka Alonso, as cales presentaron unha lectura pública na sala Beckett de Barcelona.

Este ano, a Residencia de Creación terá lugar do 8 ao 22 de outubro. Durante a súa estancia en Menorca, a compañía traballará e afondará na súa obra e, ademais, compartirá sesións cos alumnos de artes escénicas do IES Josep Maria Quadrado. O día 21 de outubro realizarase un ensaio aberto ao público no teatro do mesmo instituto.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Afonso Becerra

Afonso Becerra recibe o Premio de Honra do Festival de Teatro Galego do Carballiño

LohengrinMiradaDasBolboretas |

Compostela acolle o XIX Festival Agustín Magán