As pezas presentadas ao Premi Born deben ser inéditas e estar escritas en calquera das dúas linguas oficiais das Illas Baleares. A dotación manténse en 14000 euros, ademais da edición do texto nas catro linguas oficiais do Estado. En galego, a erregueté | Revista Galega de Teatro vén traducindo e publicando as pezas gañadoras do Born desde hai anos. A última, Os satélites de Ricardo Gázquez, con tradución da poeta Tamara Andrés, publicada no número 100 da revista.
Etiqueta: Premi Born
Tamara Andrés, tradutora de ‘Os Satélite’: “Abordei a tradución coa orella posta na mocidade, coa ollada sobre a lingua no futuro”
Poeta en acción, Tamara Andrés (Combarro, 1992) é a tradutora de Os Satélite, de Ricard Gázquez: obra gañadora do XLIV Premi Born de Teatre. Graduada en tradución e interpretación e co desenvolvemento dunha tese centrada na poesía galega de autoría feminista, Andrés combina o seu traballo como tradutora e revisora co da formación e a […]
O Cercle Artístic de Menorca entrega esta fin de semana o XLV Premi Born
Esta fin de semana Citadella de Menorca acolle o acto de entrega do XLV Premi Born de Teatre convocado polo Cercle Artístic. O evento enmárcase dentro dun programa de actividades no que se inclúe a presentación da tradución ao galego realizada por Tamara Andrés da obra gañadora do certame en 2019: Os Satélite, de Ricard […]
A XLV edición do Premi Born de Teatre recibe 571 obras
Nesta edición presentáronse un total de 571 obras, máis do duplo que na edición anterior, e moi lonxe da edición de 2017 que, con 260 obras, era a que contaba máis obras presentadas até o de agora. Este aumento pode ser debido á posibilidade de presentar este ano as obras por correo electrónico a causa […]
O Premi Born modifica as súas bases para aceptar orixinais presentados por correo electrónico
O Cercle Artistic de Ciutadella decidiu, debido as circunstancias excepcionais derivadas da pandemia de Covid-19, que na convocatoria do XVL Premi Born 2020 se acepten os orixinais enviados tanto por correo postal como por correo electrónico. Para as obras enviadas por correo postal mantéñense as bases presentadas no mes de marzo. Para as obras […]
Convocado o Premi Born 2020
| ACTUALIZADO a 20 de abril de 2020: Debido ás circunstancias excepcionais derivadas da pandemia da Covid-19, o Cercle Artistic de Ciutadella deciciu que se acepten os orixinais enviados tanto por correo postal como por correo electrónico. Actualización das bases aquí | O Cercle Artístic, Sociedad Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Ajuntament de […]
O Premi Born de Teatre, galardoado co Ramón Lull de Balears
É o único premio de teatro que aparece traducido nas catro linguas oficiais do estado español: galego, euskera, catalán e castelán. A erregueté | Revista Galega de Teatro é a encargada, dende 2006, de publicar a obra gañadora na súa versión en galego. O Consell de Govern de Illes Balears aprobou o pasado venres […]
Ricard Gázquez gaña o XLIV Premi Born de Teatre con ‘Los Satélite’
O xurado do Premi Born deciciu, por unanimidade, outorgarlle o XLIV Premi Born de Teatre 2019 á obra Los Satélite, de Ricard Gázquez. | Foto: Carles Roig | A acta do xurado destaca da obra de Gázquez tanto “a súa extraordinaria calidade lingüística como a densidade e a consistencia da trama que constrúe, ambientada no […]
Entrevista: Ruth Gutiérrez, gañadora do XLIII Premi Born, e Antía Veres, tradutora da obra premiada
Ruth Gutiérrez Álvarez (Santander, 1987) acadou o pasado ano o XLIII Premi Born de Teatre con Los amantes sobrehumanos. Este venres 25 de outubro, dentro dos actos do Premi Born 2019 terá lugar a presentación da publicación da peza en galego, castelán, catalán e éuscaro. Antía Veres Gesto, galardoada recentemente co XVIII Premio Plácido Castro […]
Esta fin de semana entrégase o XLIV Premi Born de Teatre
O venres 25 preséntase en Menorca a edición de Os amantes sobrehumanos, de Ruth Gutiérrez Álvarez. A erregueté vén editando dende 2006 a versión en galego da obra gañadora do Premi Born, o único premio de teatro que aparece traducido nas catro linguas oficiais do estado español. O pasado 12 de outubro tivo lugar na […]
Duascentas vinte e oito obras concorren á 44ª edición do Premi Born de Teatre
Duascentas vinte e oito obras concorreron á 44ª edición do Premi Born de Teatre 2019, corenta títulos máis que os presentados na edición anterior. O premio, dotado con 14.000 euros mais a edición da obra en castelán, catalán galego e éuscaro, será entregado o 26 de outubro en Menorca. Como vén facendo desde o ano 2006, […]
Convocado o Premi Born 2019
O Cercle Artístic, Sociedad Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Ajuntament de Ciutadella de Menorca; Consell Insular de Menorca; Govern de les Illes Balears e do Institut Nacional das Artes Escénicas y de la Música, convoca o XLIV Premi Born de Teatre de 2019. Os orixinais poden presentarse escritos en calquera das dúas […]
Ruth Gutiérrez Álvarez gaña o Premi Born de Teatre 2018 con ‘Los amantes sobrehumanos’
Ruth Gutiérrez Álvarez (Santander, 1987) é a gañadora do XLIII Premi Born de Teatre coa obra Los amantes sobrehumanos. Licenciada en filoloxía hispánica e investigadora teatral, Gutiérrez estréase como dramaturga con esta ópera prima que o xurado sinalou como un “Romeo e Xulieta disfuncional que debe servir para reflexionar sobre a violencia e o horror”. […]
O XLIII Premi Born de Teatro 2018 entregarase o 20 de outubro en Ciutadella de Menorca
O Premi Born de Teatre, un dos máis prestixiosos e o único cuxo gañador se publica nas catro linguas oficiais do estado –en galego, na erregueté | Revista Galega de Teatro– entregarase nunha cerimonia que terá lugar o próximo 20 de outubro en Ciutadella de Menorca. Á XLIII edición do Premi Born presentáronse un total […]
Convocado o Premi Born de Teatre
O Cercle Artístic, Sociedade Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Ajuntament de Ciutadella de Menorca; Consell Insular de Menorca; Govern de les Illes Balears e do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, convoca el XLIII Premi Born de Teatre 2018. O Premi Born é o único que prevé a […]