in

Convocado o Premi Born 2020

PremiBorn02 |
| ACTUALIZADO a 20 de abril de 2020: Debido ás circunstancias excepcionais derivadas da pandemia da Covid-19, o Cercle Artistic de Ciutadella deciciu que se acepten os orixinais enviados tanto por correo postal como por correo electrónico. Actualización das bases aquí |
O Cercle Artístic, Sociedad Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Ajuntament de Ciutadella de Menorca; Consell Insular de Menorca; Govern de les Illes Ballears e do Instituto Nacional de Artes Escénicas e a Música, convoca o XLV Premi Born de Teatre 2020.

 

O Cercle Artístic, Sociedad Cultural de Ciutadella de Menorca convoca o XLV Premi Born de Teatre de 2020. Os orixinais poden presentarse escritos en calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma das Illas Baleares. O premio está dotado con 14.000 euros e a edición da obra nas catro linguas oficiais do Estado español, sendo a erregueté a encargada da publicación en galego.

 


Publicidade

Bases

  1. O CERCLE ARTÍSTIC convoca o XLV PREMI BORN DE TEATRE 2020. Os orixinais poderán presentarse escritos en calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma das llles Balears.
  2. O premio, único, está dotado con 14.000€ e a edición da obra nas catro linguas oficiais do Estado español.
  3. Os autores poderán participar con cantas obras desexen, sempre que non fosen publicadas nin representadas, e que non fosen premiadas nin antes nin durante o proceso de selección e até o momento do fallo do xurado. Non poderán presentarse autores premiados nas tres últimas convocatorias.
  4. Admitiranse traballos feitos en colaboración.
  5. Presentarase un orixinal impreso, preferiblemente a dupla cara, e unha copia en formato dixital, en pdf e co soporte físico dun CD ou un lapis de memoria, coa indicación «XLV PREMI BORN DE TEATRE 2020» na portada da obra, no CD ou lapis de memoria e no sobre. Dirixiranse a:Secretaría del CERCLE ARTÍSTIC
    XLV PREMI BORN DE TEATRE 2020
    Plaça des Born, 19
    07760 Ciutadella de Menorca
    (llles Balears)
  6. Os autores presentarán as obras baixo lema ou pseudónimo. Os seus datos persoais (nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico) consignaranse nunha plica pechada, coa indicación «XLV PREMI BORN DE TEATRE 2020».
  7. O prazo de admisión rematará o 10 de xuño de 2020. Para as obras enviadas por correo, contará a data do carimbo. O título da obra premiada farase público o día 24 de outubro de 2020.
  8. O CERCLE ARTÍSTIC nomeará oportunamente un xurado competente en cantas decisións tome de acordo con estas bases. O premio poderá declararse deserto a criterio do xurado.
  9. O autor da obra premiada non poderá introducir máis dun 5% de cambios no texto destinado á edición nas catro linguas oficiais do Estado español.
  10. O autor comprométese a facer constar de xeito visible a mención expresa de «XLV PREMI BORN DE TEATRE 2020» en todas as montaxes (teatro, cine, televisión, etc.) e edicións que se leven a cabo da obra gañadora –e en carteis e anuncios, se procede– e que esta mención terá que figurar igualmente de xeito destacado na publicidade que se faga por calquera medio.
  11. O autor da obra gañadora cederalle ao CERCLE ARTÍSTIC os dereitos de representación no caso de que así o solicite.
  12. Os orixinais non premiados serán destruídos a partir da data da emisión do fallo, gardándose o exemplar en formato dixital para o arquivo do CERCLE ARTÍSTIC.
  13. A presentación de orixinais ao XLV PREMI BORN DE TEATRE 2020 supón a plena aceptación das bases. A entidade organizadora queda facultada para resolver calquera cuestión non prevista nestas bases.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OEstadoCruIriaSobrado |

Comeza en Narón o Festival Singular

Fäustino VI David Rodas |

Fäustino VI o 126 caballos