O Premi Born modifica as súas bases para aceptar orixinais presentados por correo electrónico

O Cercle Artistic de Ciutadella decidiu, debido as circunstancias excepcionais derivadas da pandemia de Covid-19, que na convocatoria do XVL Premi Born 2020 se acepten os orixinais enviados tanto por correo postal como por correo electrónico.

 

Para as obras enviadas por correo postal mantéñense as bases presentadas no mes de marzo. Para as obras enviadas por correo electrónico, modifícanse as bases seguintes, que se deben cumprir para que os traballos presentados sexan aceptados:

 

5º Mandarase un orixinal da obra en PDF como documento adxunto ao seguinte enderezo electrónico: premiborndeteatre@@gmail.com

O documento adxunto deberá ter como nome o título da obra.

Neste correo deberá constar no asunto “XVL Premi Born de Teatre 2020” e a poboación e o país desde onde se envía.

É preferible que se manden as obras desde un correo electrónico no que non conste o nome do autor, aínda que se garante o anonimato das obras presentadas diante do xurado que as ten que valorar.

6º No correo electrónico débese mandar outro documento adxunto, en PDF, que será a plica onde constarán os datos persoais do autor (nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico). O nome deste documento terá que ser o lema ou pseudónimo.

7º A data límite de admisión das obras recibidas por correo electrónico será o día 10 de xuño ás 23:59 (hora do Estado Español). O título da obra premiada e o nome do seu autor daranse a coñecer o 24 de outubro de 2020.

 

O resto de bases son as mesmas para os traballos presentados mediante correo postal ou electrónico e poden consultarse aquí.

Deixar unha resposta