in

O Cercle Artístic de Menorca entrega esta fin de semana o XLV Premi Born

Premi Born 2020
Esta fin de semana Citadella de Menorca acolle o acto de entrega do XLV Premi Born de Teatre convocado polo Cercle Artístic. O evento enmárcase dentro dun programa de actividades no que se inclúe a presentación da tradución ao galego realizada por Tamara Andrés da obra gañadora do certame en 2019: Os Satélite, de Ricard Gázquez. A erregueté vén editando dende 2006 a versión en galego da obra gañadora do Premi Born, o único premio de teatro que aparece traducido nas catro linguas do Estado español.

O sábado 10 de outubro tivo lugar por videoconferencia a segunda reunión do xurado do XLV Premi Born de Teatro formado por Denise Duncan, actriz, produtora, dramaturga e directora de escena; Laurent Gallardo, profesor de estudos hispánicos e cataláns na Universidade de Grenoble Alps; Juan Vicente Martínez, profesor de filoloxía inglesa na Universidade de Valencia e director de Sagunt a Escena; Laura Pons, actriz de teatro, cine e televisión; e Josep Solervicens, profesor da Universidade de Barcelona especialista no Renacemento e o Barroco. Despois de ter lido e analizado as obras, os catro textos finalistas que aspiran a levar o galardón de 14.000 euros máis a edición da obra nas catro linguas do Estado son: El filo del mundo, Temps mort, El cos més bonic que s’haurà trobat mai en aquest lloc e Perséfone.

Durante o acto de entrega, que terá lugar a partir das 21.00 horas do sábado 24 de outubro no Teatre des Born de Ciutadella, darase a coñecer o título da obra gañadora e a súa autoría. O acto de entrega do premio é o punto final da celebración da última edición do Premi Born que contou ademais cun nutrido programa de actividades ao longo do mes de outubro como a lectura dramatizada de Los Satélite ou a representación do espectáculo infantil De caixes i ales: Històries per volar ben alt da man de Raquel Manel Mur. De igual modo, o mércores 21 tivo lugar o ensaio aberto da obra El nino, gañadora da VI Residencia de Creación Teatral Premi Born e este xoves 22 de outubro o programa ten previsto un encontro de lectores na sala Jeroni Marquès para comentar a obra gañadora do Premi Born 2019 coa presenza do seu autor, Ricard Gázquez.

O venres 23 de outubro, a partir das 20.00 horas na mesma sala Jeroni Marquès do Cercle Artístic acollerá a presentación das edicións nas diferentes linguas de Los Satélite con intervención do subdirector da erregueté, Manuel Xestoso, e o director de ArtezBlai, Carlos Gil. No acto terá lugar a presentación da edición na erregueté de Os Satélite con tradución de Tamara Andrés e que se inclúe no número 100 da Revista. A continuación, a actriz Laura Pons pronunciará a conferencia coa que comezarán os actos da fin de semana en Ciutadella e o acto de entrega do Premi Born 2020.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fariña | Touriñan e Marcos Pereiro

‘Fariña’ volve a Galicia despois da súa estadía en Madrid

A Mulher Como Campo de Batalha | Eduardo Pinto

A Escola da Noite estrea ‘A mulher como campo de batalha’