in

Esta fin de semana entrégase o XLIV Premi Born de Teatre

PremiBorn2018 1 |
O venres 25 preséntase en Menorca a edición de Os amantes sobrehumanos, de Ruth Gutiérrez Álvarez. A erregueté vén editando dende 2006 a versión en galego da obra gañadora do Premi Born, o único premio de teatro que aparece traducido nas catro linguas oficiais do estado español.

 

OsAmantesSobrehumanos |O pasado 12 de outubro tivo lugar na Nova Sala Beckett de Barcelona a 2ª reunión do xurado de Barcelona do XLIV Premi Born de Teatre, formado polo profesor de estudos hispánicos e cataláns da Universidade de Grenoble Alps, Laurent Gallardo; por Juan Vicente Martínez, profesor de filoloxía inglesa na Universidade de Valencia e director de “Sagunto a Escena”; por Mercè Sarrias, dramaturga e guionista de televisión; polo profesor da Universidade de Barcelona especialista en renacemento e barroco, Josep Solervicens; e pola dramaturga e membro da compañía Cos de Lletra, Ruth Vilar. O xurado, logo de ler e analizar as obras, decidiu que os catro textos finalistas que optan a levar o premio de 14.000 € máis a edición da obra nas catro linguas oficiais do estado son: De dol, Branco sobre branco, Los satélites e El deseante.

Durante a cerimonia de entrega, que se celebrará a partir das 21:00, o 26 de outubro, no Teatro da Ciutadella, revelarase o título da obra gañadora e a súa autoría. O acto de entrega comezará coa representación da obra O principio de Arquímedes, escrita por Josep Maria Miró Coromina [editada no nº 71 da erregueté | Revista Galega de Teatro], gañadora do premio Born 2011 e dirixida por Jordi Odrí, interpretada pola compañía Mô teatre. Despois da representación e antes da entrega do premio 2019, Jordi Boixaderas, Mercè Montalà e Jospe Mercadal farán unha lectura dramatizada de obras de Josep Maria Quadrado en conmemoración do bicentenario do seu nacemento.

O acto de entrega é o punto final da celebración da XLIV edición do Premio Born, mais as actividades programadas tiveron lugar ao longo do mes de outubro: o sábado 18 de outubro na sala Jeroni Marquès fíxose unha lectura dramatizada da obra gañadora do ano pasado, Os amantes sobrehumanos; o martes 22 tivo lugar no teatro do instituto Josep Maria Quadrado o ensaio aberto da obra Dramasofía, gañadora da V Residencia de Creación Premi Born. O xoves 24 houbo unha reunión do grupo de lectura para comentar a obra gañadora do Premi Born 2018.


Publicidade

No que se refire aos actos do mes de novembro, o sábado 2 ás 12:00, no Teatre Sant Miquel, interpretarase o conto infantil en formato de títeres Els dracs de Surinyà – Contes de l’arpa de Maria Galetta e Elena Armenteros. E, para rematar cos actos relacionados co Premi Born, na fin de semana do 16 e 17 de novembro celebraranse as XV Jornades Formatives de teatro a cargo de Marta Montiel Pérez: “Ler e interpretar un texto dramático” a partir da adaptación de La ratera de Agatha Christie.

Este venres, 25 de outubro, a partir das 20:00, na Sala Jeroni Marquès do Cercle Artístico, terá lugar a presentación das edicións de Os amantes sobrehumanos. Intervirán Vanesa Martínez, directora da erregueté | Revista Galega de Teatro e Carlos Gil, director de ArtezBlai. A seguir, Laurent Gallardo, profesor de estudos hispánicos e cataláns na Universidade de Grenoble Alps, pronunciará unha conferencia coa que comezarán os actos do Premi Born 2019: ““Pot un espectacle canviar la realitat? (grandesa i misèria del teatre polític d’avui)”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Xoan Carlos Riobo

Xoán Carlos Riobó: “Faise teatro pero non se crea público amador do e desde o teatro”

HamletChapito |

Fin de semana ateigada de novidades no FIOT de Carballo