in

Paula Quintas estrea SET no Festival Plataforma

Paula Quintas
Paula Quintas · Traspediante estrea o espectáculo SET no Festival Plataforma, organizado por Performa.gal. A presentación terá lugar o venres 11 de setembro ás 21.00 horas no Parque de Bonaval.

 

SET é un espectáculo de danza contemporánea e música electrónica para rúa e espazos non convencionais de media hora aproximada de duración. Peza multidisciplinar na que a danza e a música xogan un espazo compartido, SET propón un xogo interactivo sen contacto onde se fan visibles os novos comportamentos e a cinética social.

Con dirección de Rut Balbís, o espectáculo volve reunir ás dúas creadoras nun proceso de investigación a través do movemento e o corpo ao que se suma o pianista e compositor Nacho Muñoz.

Paula Quintas

Paula Quintas é bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e pedagoga. É codirectora do Festival Corpo(a)terra de Ourense e traballa coa pedagoxía da danza con nenxs en Danza Alfaia, cunha liña de investigación contemporánea entorno ao corpo e Danza Nenxs, pedagoxía alternativa, ambos en Santiago de Compostela. Fundadora de Project C-F Dance, cofundadora de Voltage Opposites Project, anteriormente traballou para outras compañía fóra de España. Nos últimos anos pertenece á compañía TrasPediante coa que ten tres espectáculos en cartel: Plastic, Analepsis e Up2down.

 


Publicidade

Rut Balbís

É a directora e coreógrafa da compañía Pisando Ovos (2004) residente do Teatro Ensalle de Vigo. A base do seu proxecto artístico é a procura dunha linguaxe artística propia desde o traballo co corpo e o movemento a través da creación escénica contemporánea, reflexada no seu interese polo tratamento das imaxes e dos tempos lentos. Ata agora, son nove as creacións coas que conta a súa compañía e coas que participa de forma habitual nas redes de teatros autonómicas e estatais. Ademais traballou con outras compañías como Airenoar, Matarile, Tricotouses, Chévere, Catro no metro, Sólodos, Ánxela Blanco, Licenciada Sotelo, Iker Gómez, Féliz Fernández, Lipi Hernández, Voadora, etc. Primeiro premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid en 2007 cun extrato da súa peza No Intre 1800, en 2019 recibe o Premio da Crítica de Galicia en Artes Escénicas.

 

Nacho Muñoz

Tamén activo baixo o pseudónimo Madamme Cell e Parkour Sonoro, Nacho Muñoz prensentou os seus traballos en Europa, África e Latinoamérica. Pianista e compositor de música electrónica, Muñoz está detrás de artistas Alg-a e Orquestas de Improvisación OMEGA e Metamovida. Actualmente forma parte da banda de free rock IGMIG (premio Martín Códax)  e desenvolve en diferentes cidades de Europa o proxecto sobre son e espazo público Sonic Parkour.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Catarina |

A Oficina presenta a súa programación de setembro a decembro en Guimarães

Rottweiler

O Teatro do Noroeste – CDV continúa coas presentacións de ‘Rottweiler’