in

‘Fariña’ represéntase desde esta semana nas Naves del Español de Madrid

Fariña |
Fariña viaxa esta semana a Madrid nun dos momentos máis complexos para as artes escénicas. Cos aforos reducidos ao mínimo para conter os contaxios por coronavirus, o espectáculo que conta a historia do narcotráfico en Galicia a partir da obra de Nacho Carretero representarase durante case un mes nas Naves del Español, un dos espazos máis relevantes da capital.

 

Tamén con importantes restriccións de aforo, a adaptación, dirixida por Tito Asorey a partir da dramaturxia de José L. Prieto, chegará ata as vinte e dúas funcións (cada día, agás os luns, desde este xoves). As entradas están á venda a través do web do Teatro Español, cun prezo de 20 euros.

Ainé Producións, con Xosé A. Touriñán e Nacho Carretero, coproducen un espectáculo que, nun momento especialmente delicado para unha produción que depende dos ingresos pola venda de entradas, non quere deixar pasar a oportunidade de presentarse diante do público fóra das nosas fronteiras. Unha peza de grande formato, encadrada no xénero do teatro-documento, con música en directo e momentos e drama e comedia para completar un relato diferente, que achega algo novo ao espectador logo do ensaio e a serie de televisión.


Publicidade

Ao tsunami de emocións que é Fariña no teatro contribúe un elenco de actores que forman Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias, Sergio Zearreta e Víctor Duplá, pero tamén o traballo no espazo escénico de Laura Iturralde e José Faro, Coti. O posprodutor Santi Jul (deseño de son), a deseñadora de vestiario Ruth D. Pereira, e a achega de Novedades Carminha cun tema orixinal para o espectáculo completan un show único.

Fariña contou na súa fase de desenvolvemento co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais, dependente da Xunta de Galicia, e tamén do Concello da Coruña. Conta ademais co apoio de Estrella Galicia e Deleite como patrocinadores.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

cortinateatro |

Convócase o II Premio Platta de Teatro Breve – Galicia 2020

Sala Ártika de Vigo

O CDG coproduce tres montaxes con tres espazos creativos de Vigo