O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana aposta neste mes de outubro por unha programación con propostas de compañías portuguesas, concertos gratuítos e seminarios teatrais. |Foto: Rui Carlos Mateus |
O sábado 3 de outubro ás 21.30 horas o Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo acolle o espectáculo Se isto é um homem, da Companhia de Teatro de Almada. Rogério de Carvalho é o encargado da posta en escena deste texto de Primo Levi interpretado por Cláudio da Silva. O prezo das entradas está entre os 4 e os 10 euros e pode reservarse escribindo a: [email protected].
O día 9 de outubro, o Teatro do Noroeste – CDV presentará a programación do IV Festival de Teatro de Viana do Castelo a partir das 21.30 horas. O acto, de entrada libre, contará co concerto do grupo de música tradicional mirandesa Galandum Galundaina.
Por outra parte, o sábado 31 de outubro, das 15.00 ás 18.00h, a profesora Alexandra Moreira da Silva orientará o Seminário Teatral: Tendências de Teatro Contemporáneo no Café Concerto do Teatro Municipal Sá de Miranda, nunha iniciativa de entrada libre destinada ao público en xeral.