in

‘Fariña’ volve a Galicia despois da súa estadía en Madrid

Fariña | Touriñan e Marcos Pereiro
O espectáculo volve a Galicia logo de esgotar as localidades cada día en Madrid durante un mes. Será xusto na semana na que se cumprirá un ano da estrea no teatro coruñés. As entradas sairán á venda nos próximos días.

 

A adaptación teatral de Fariña volve ao lugar no que todo comezou. O Teatro Colón da Coruña acollerá durante seis días -do 17 ao 22 de novembro- representacións do espectáculo dirixido por Tito Asorey, baseado na obra de Nacho Carretero sobre o narcotráfico en Galicia.

Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zearreta subirán de novo ás táboas do teatro coruñés logo dun ano marcado pola crise sanitaria no que, sen embargo, foron quen de chegar a case 30.000 espectadores.

Fariña volve á Coruña logo dun rotundo éxito nas Naves del Español, en Madrid, onde durante un mes de funcións, e aínda con restricións á mobilidade, colgouse o cartel de ‘non hai entradas’ case todos os días.


Publicidade

Para as representacións no Teatro Colón as entradas sairán á venda nos próximos días. Respectaranse as limitacións de aforo previstas, así como os protocolos previstos polo Concello da Coruña para o espazo.

A promoción da #CulturaSegura por parte da produción e o elenco do espectáculo, unha das bandeiras de Fariña durante o mes en Madrid, trasládase agora a Galicia, onde a peza se representará tamén en Pontevedra.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Marta Pazos

Voadora estreará ‘Siglo mío, bestia mía’, dirixida por Marta Pazos, no Centro Dramático Nacional

Premi Born 2020

O Cercle Artístic de Menorca entrega esta fin de semana o XLV Premi Born