in

Aberto o prazo de inscrición para o Camiño Escena Norte 2021

Camiño Escena Norte 2021
Celeste, de Luz, Micro y Punto

Desde o luns 8 ata o xoves 18 de marzo as compañías de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi poderán inscribir espectáculos para a edición 2021 do Camiño Escena Norte.

Camiño Escena Norte é un proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas que pretende conectar, por terceiro ano consecutivo, a produción cultural de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia tomando como referencia e fío condutor o percorrido dos camiños do norto a Santiago de Compostela; rutas que poñen en contacto estes 4 territorios e sobre o que se quere crear un territorio cultural común, cunha relación fluída no intercambio e a relación cultural entre os nosos sectores escénicos.

Camiño Escena Norte é un proxecto promovido polas entidades profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (Euskadi), unidas na supraentidade Camino Escena Norte Agrupación de Interés Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto.

Camiño Escena Norte estrutura a súa programación no Itinerario Constelacións, columna vertebral do proxecto. Constelacións é o itinerario de funcións de teatro, danza ou novo circo baseado no intercambio, xa que as producións dunha das CCAA xiran por distintos espazos das outras tres CCAA implicadas no proxecto:

– As compañías de Galicia actuarían en Asturias, Cantabria e Euskadi.
– As compañías de Asturias actuarían en Galicia, Cantabria e Euskadi.
– As compañías de Cantabria actuarían en Galicia, Asturias e Euskadi.
– As compañías de Euskadi actuarían en Galicia, Asturias e Cantabria.

Itinerario Constelacións 2021

Os criterios de selección dos espectáculos estarán baseados na calidade, diversidade de linguaxes e estéticas e valor cultural dos mesmos. Este proxecto nace coa intención de mostrar o mellor das artes escénicas de cada un dos territorios que se unen por medio deste novo camiño. A programación escénica de Camiño Escena Norte será de tipo xeral, tentando que en cada edición estea presente unha variedade de espectáculos dirixidos a público infantil e familiar como adulto, de distintas disciplinas, linguaxes e estéticas.


Publicidade

Doutra banda, o Camiño Expandido dá acubillo a todas as actividades que acompañan este itinerario de espectáculos e funcións, creando un contexto para a programación nos eidos da participación, a relación cos públicos, a promoción da interculturalidade ou as sinerxias profesionais a través de encontros, debates, obradoiros ou un programa de residencias artísticas.

Camiño Escena Norte 2021 comprimirá a súa programación nun mes, entre o domingo 12 de setembro e o domingo 10 de outubro do presente ano, coa seguinte estruturación:

  1. Programaranse un mínimo de 8 funcións en Galicia, Asturias e Cantabria e de 4 funcións en Euskadi.
  2. Participarán compañías seleccionadas das 4 CCAA que toman parte no proxecto, e levarán a cabo un máximo de 4 funcións cada unha.
  3. O programa constará dun mínimo de 8 espectáculos diferentes.

Para máis información sobre o proxecto pódese consultar a web www.escenanorte.com ou as redes sociais.

Para dúbidas sobre a inscrición de espectáculos no Itinerario Constelacións, estará dispoñible o enderezo de correo electrónico [email protected] e o número de teléfono 646 361 471, en horario de 10.00 a 19.00 h.

[3d-flip-book mode="fullscreen" id="19716" ][/3d-flip-book]

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

El nacimiento de la bailara

El nacimiento de la bailarina vieja

Theaterpubliek, Hippolyte Michaud

Sobre cancelacións e teatros pechados