in , ,

Máis de 140 pezas optan a formar parte do programa do 32º Festival do Teatro Galego

Festival do Teatro Galego
Afonso Becerra recibindo o Premio de Honra do FETEGA en 2020

O FETEGA, Festival do Teatro Galego “Celso Parada” do Carballiño, vén de facer públicos os resultados da convocatoria para participar na súa 32ª edición, que se celebrará a segunda semana de setembro. Presentáronse un total de 141 pezas candidatas, fronte ás 104 do ano pasado, o que supón un 40 por cento máis que a edición anterior.

Todas as obras presentadas desenvólvense en galego e están producidas en Galicia. Delas, destaca a variedade de xéneros, estilos e temáticas, e 16 son estreas. En total, foron 51 os espectáculos presentados na categoría de sala para adultos (un 36 por cento), 21 os espectáculos de sala para nenas e nenos, 23 os espectáculos de rúa, 12 os de teatro para exterior en anfiteatro, 26 as performances e 8 os monólogos cómicos. Entre todos eles realizarase a programación definitiva. É a segunda vez que se fai deste xeito, a través dun formulario online, dende a páxina web do festival.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Atraco, paliza y muerte en Agbanäspach

Atraco, paliza y muerte en Agbanäspach

Atlântico Tiago Cadete

Atlântico