A actriz británica Helen Mirren (Chiswick, Londres, 1945), unha das poucas intérpretes que contan no seu haber con dous dos premios máis importantes no eido da interpretación –o Óscar da Academia de Cinema e o Tony da American Theatre Wing–, asina a Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2021, promovido polo International Theatre Institute (ITI).
Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2021
por Helen Mirren
Son tempos ben difíciles para as xentes do espectáculo, artistas, persoal técnico, tremoias e máis para as mulleres que loitaron por esta profesión tan estigmatizada pola inseguridade económica.
Pode ser que esta situación de inseguridade permanente as fixese máis fortes para poderen sobrevivir esta pandemia con dignidade.
Nestas novas circunstancias, a súa imaxinación traduciuse en formas de comunicar inventivas, imaxinativas, conmovedoras; todo isto, por suposto, grazas a Internet.
Os seres humanos cóntanse historias desde tempos moi remotos, desde que existimos no planeta.
A marabillosa cultura do teatro vivirá mentres habitemos a Terra.
A impulsión creativa das persoas que escriben, deseñan, cantan, actúan, compoñen música ou dirixen xamais se esganará e nun futuro moi próximo desenvolverase outra vez con forza e cunha nova maneira de ver o mundo.
Estou doente!
Helen Mirren, actriz de cine, teatro e televisión
(Versión galega de Roi Vidal Ponte a partir da tradución ao castelán de Yahaira Salazar, presidenta do Novo Centro ITI Venezuela)