in ,

A peza de videodanza ‘Materia Gris’, do Colectivo Glovo, foi seleccionada no Festival de Almada

Colectivo Glovo
Colectivo Glovo

A obra de videodanza ‘Materia Gris’, do Colectivo Glovo, foi seleccionada para participar no Festival de Almada. A peza é o resultado dunha colaboración da compañía de danza coa firma de moda Adolfo Domínguez.

 En outubro de 2019, a compañía colaborou por primeira vez coa marca no desfile AD Runway FW19 OU, celebrado no casco vello de Ourense. Este desfile outono-inverno presentaba unha colección sobre o concepto do gender fluid ou a non identificación de xénero, e foi protagonizado por 60 modelos non profesionais de tódalas idades e tallas, incluíndo actuacións de música tradicional galega e diferentes performances en vivo, entre as que se encontraba un extracto de ‘Mapa’, do Colectivo Glovo.

Tras esta primeira experiencia, a empresa convidou á compañía, nesta ocasión de forma exclusiva, para elaborar conxuntamente a videocreación do que sería a Limited Edition MATERIA GRIS. Esta edición limitada basea no fieltro gran parte das prendas non só como material senón tamén coma idea conceptual:

A materia gris é a materia prima da que estamos feitos.

É a fibra que tece o noso ser.

O fieltro é o primeiro material textil. O máis vello creado polo home.

Un xénero que se obtén enredando fibras con calor.

as materias primitivas coas que construimos unha identidade.


Publicidade

 Moda, danza e vídeo traballaron conxuntamente na creación da montaxe, tomando materiais coreográficos propios e adaptándoos ás prendas, ao concepto creativo e ao espazo. A filmación ubícase nunha canteira da provincia de Ourense.

Para o Colectivo Glovo foi un reto trasladar os movementos ao chan e as posibilidades do lugar. Elaboramos materiais in situ xa que sendo un espazo tan particular e sen coñecer previamente a roupa, quixemos deixar marxe á creación do momento para tornar os movementos auténticos”, indican dende a compañía. Tamén califican de “excepcional” o traballo cunha equipa composta polo realizador Adrián González, Myriam Mnb no estilismo e Moisés Freire na maquillaxe.

A videocreación foi xa finalista no Fashion Film Fest de Milán 2020 e recentemente seleccionada e convidada para a Mostra de Videodança da 29º edición da Quincena de Dança de AlmadaFestival Internacional de Danza, que se celebrará do 23 de setembro ao 17 de outubro de 2021.

Creado en 1992, o festival Quinzena de Dança de Almada é hoxe un espazo para a presentación e promoción da danza, ofrecendo ao público un conxunto de eventos representativos da danza contemporánea nacional e internacional.

Incluída no Festival, encóntrase a Plataforma Coreográfica Internacional coma un evento anual que convida á participación de compañías e creadores independentes de danza contemporánea de todo o mundo e onde tamén o Colectivo Glovo presentará no próximo mes de outubro a súa peza ‘EM·NA’ na versión de curto formato.

Este supón o segundo ano no que a compañía é convidada á plataforma, tralo seu paso coa peza ‘Mapa’ en 2018.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Roberto Pascual Premio Rafael Dieste

Roberto Pascual gaña o Premio Rafael Dieste cun texto sobre o papel da muller na inmigración

Camino Escena Norte 2021

Camiño Escena Norte levará as artes escénicas por nove municipios galegos